miniatura|Automóbil Panther de Cruella de Vil. 101 Dalmatians é un filme estadounidense baseado na adaptación animada de 1961 que á súa vez está baseada na novela de Dodie Smith The Hundred and One Dalmatians. Dirixido por Stephen Herek e coproducido por John Hughes e Ricardo Mestres, está protagonizado por Glenn Close, Hugh Laurie, Mark Williams, Tim McInnerny, Jeff Daniels e Joely Richardson.
Sinopse Após un encontro fortuíto, Roger, un creador de videoxogos que non tivo moito éxito, e Anita namóranse. Cada un deles ten un can dálmata (Pongo, de Roger; e Perdi, de Anita) e estes caen namorados tamén.
Anita é deseñadora na casa de modas De Vil, dirixida pola desapiadada Cruella De Vil, unha muller cuxa máxima ilusión é ter un abrigo de pel de calquera animal que desexe.
Personaxes Glenn Close como Cruella de Vil Jeff Daniels como Roger Dearly Joely Richardson como Anita Campbell-Green Dearly Joan Plowright como Nanny Hugh Laurie como Jasper Mark Williams como Horace John Shrapnel como Mr. Skinner Tim McInnerny como Alonzo Hugh Fraser como Frederick Zohren Weiss como Herbert Frank Welker como Pongo e Perdy (voz)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos One Hundred and One Dalmatians
Categoría:Filmes de 1996 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Stephen Herek Categoría:Filmes sobre secuestros Categoría:Filmes sobre cans Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures