Simón de Sicilia, tamén coñecido como Simón de Hauteville (en italiano Simone D'Altavilla), nado en Palermo en 1093 e finado en Mileto, Italia o 28 de setembro de 1105, foi o fillo máis vello e sucesor de Roxerio I de Sicilia, primeiro conde de Sicilia, e da súa terceira esposa Adelaida del Vasto.
Traxectoria Tiña soamente 8 anos cando seu pai faleceu e el herdou o Condado, manténdose durante o seu breve mandato baixo a rexencia da súa nai. Á súa morte (cando contaba tan só con 12 anos de idade) en Mileto, onde foi sepultado na abadía da Santísima Trindade, foi sucedido polo seu irmán Roxerio II de Sicilia, baixo a rexencia da súa nai Adelaida até 1112.
Roxerio, anos máis tarde, converteríase no primeiro rei de Sicilia, cando en 1130 foi investido polo antipapa Anacleto II.
O cronista Alessandro Telesino relata un incidente que tivo lugar durante a infancia de Simón e o seu irmán Roxerio:
Á maneira que adoitan facer os nenos, estaban xogando a un xogo de moedas e acabaron pelexando. Cando loitaron, cada un cun grupo de rapaces que reuniran, o máis novo, Roxerio, foi o vencedor. Como resultado, burlouse de seu irmán Simón dicindo: «sería moito mellor que eu tivera o honor de gobernar triunfante despois da morte do noso pai en vez de ti. Cando logre facer iso farei de ti un bispo ou incluso o papa de Roma, onde estarás moito mellor».Do único manuscrito existente (Barcelona, Biblioteca Central, cod. 996), unha copia escrita en Monte Cassino ao redor de 1330 e levada a España no tempo do dominio aragonés polo historiuador Jerónimo Zurita y Castro.
Antepasados de Simón de Sicilia
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Aubé, Pierre (2001): Roger II de Sicilie. París: Payot & Rivages. ISBN 2-2288-9414-1. Chalandon, Ferdinand (1907): Histoire de la domination normande en Italie et en Sicile. París: Librairie Alphose Picard et Fils. Curtis, Edmund (1912): Roger II, King of Sicily. Nova York & Londres; G. P. Putnam's Sons. Houben, Hubert (2002): Roger II of Sicily. Cambridge (Reino Unido): Cambridge University Press. ISBN 0-5216-5573-0. Norwich, John Julius (1967): The Normans in the South (1016-1130). Londres: Longmans. ISBN 0-9073-8700-4. Norwich, John Julius (1970): The Kingdom in the Sun (1130-1194). Londres: Longmans. ISBN 0-5821-2735-1. Telese Alessandro di (1991): Ystoria Rogerii regis Sicilie, Calabrie atque Apulie. Roma: Istituto storico italiano per il Medio Evo. Col. Fonti per la storia d'Italia, nº 112. Ed. de Ludovica De Nava e Dione Clementi. (Texto orixinal en latín, con tradución ao italiano e comentarikos en inglés).
Outros artigos Casa de Hauteville Reino de Sicilia Normandos Lista de soberanos de Sicilia e Nápoles
Ligazóns externas Xenealoxía. Nápoles e Sicilia 01 (1085 - 1166). Dinastía Hauteville
Categoría:Historia de Sicilia Categoría:Normandos Categoría:Casa de Hauteville Categoría:Reino de Sicilia Categoría:Nados en 1093 Categoría:Nados en Palermo Categoría:Finados en 1105