Cicada 3301 é o nome dunha enigmática organización que en seis ocasións publicou un conxunto de crebacabezas e xogos de realidade alternativa para recrutar decifradores de códigos do público. O primeiro crebacabezas de Internet comezou o 4 de xaneiro de 2012, e estivo activo arredor dun mes. Unha segunda rolda comezou xusto un ano despois, o 4 de xaneiro de 2013, e a terceira rolda produciuse a través dun chío en Twitter xusto o 4 de xaneiro de 2014. A intención declarada era recrutar "persoas intelixentes", presentando unha serie de crebacabezas que tiñan que ser resoltos, cada un en orde, para pasar ó seguinte. Non houbo crebacabezas publicados o 4 de xaneiro de 2015. Porén, un novo crebacabezas foi publicado en Twitter o 5 de xaneiro de 2016. Os crebacabezas estiveron centrados en seguridade dos datos, criptografía e esteganografía.
Foi chamado "o máis elaborado e misterioso crebacabezas da era de internet" e está considerado como "un dos 5 mellores misterios sen resolver de internet" por The Washington Post, e existen moitas especulacións do seu propósito. Entre estas posibles teorías, afírmase que poden ser ferramentas de recrutamento da NSA, CIA, MI6, ou dun cyber grupo mercenario. Outras teorías din que Cicada 3301 é un xogo de realidade alternativa, pero o feito de que ningunha compañía ou individuo tomara o crédito ou tratara de monetizalo, combinado co feito de que ningunha persoa coñecida deu a coñecer que resolvera o crebacabezas, levou á a crer que non o é. Outros din que é administrado por un banco que traballa en criptomoeda.
Notas
Véxase tamén
Páxina web
Categoría:Sociedades secretas