Modesto Prieto Camiña, nado en Vigo, foi un escritor, xornalista e pintor galego.
Traxectoria Foi profesor axudante do Instituto Nacional de Segunda Ensinanza de Vigo e membro da Sociedad de Amigos del Arte. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi depurado, sendo separado do cargo e inhabilitado.BOE, 8-12-1937, p. 4716. Nun intento de escapar das consecuencias do seu pasado político republicano, participou en febreiro de 1937 nun mitin organizado polo SEU no Cine Odeón de Vigo xunto a Jesús Suevos e Ramón González-Alegre.No cartel do acto figura como secretario provincial do SEU (El Pueblo Gallego, 17-2-1937, p. 4). Enrolouse no exército franquista.La Voz de Galicia, 15-2-1938, p. 3. Colaborou en Eco de Galicia, Vida Gallega, Ideal Gallego, La Voz del Agro, Las Riberas del Eo, Vida Gallega e Cultura Gallega. É autor da zarzuela La princesa del castillo estreada en Vigo en 1925 e do drama en dous actos Rosiña, con José Bremón Sánchez, estreado en febreiro de 1936.El Pueblo Gallego, 1-2-1936, p. 6. Foi un dos fundadores do Sindicato Nacional de Escritores Españoles. Nos anos cincuenta residía en Madrid.La Noche, 26-7-1957, p. 7.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Colaboracións de Modesto Prieto Camiña na prensa
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Vigo