Anastasios "Tassos" Isaac (en ), nado en 1972 e finado o 11 de agosto de 1996, foi un refuxiado grecochipriota que participou nunha manifestación civil contra a ocupación da parte norte da República de Chipre por parte da Turquía. O obxectivo da manifestación era a marcha completa das tropas turcas da illa, e a devolución ós refuxiados chipriotas os seus fogares. Foi asasinado por un grupo de Lobos Grises na zona neutral das Nacións Unidas en Chipre. Isaac é considerado un heroe nacional en Chipre e en Grecia.
O funeral e as reaccións O funeral fíxose o 14 de agosto de 1996 e foi asistido por milleiros de persoas. As protestas após o funeral levaron ó asasinato do curmán de Isaac, Solomos Solomou.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Conflito de Chipre Invasión turca de Chipre
Categoría:Nados en 1972 Categoría:Finados en 1996 Categoría:Historia de Chipre