Pello Urizar Karetxe, nado en Mondragón, Guipúscoa, en 1968, é un político vasco de ideoloxía nacionalista vasca. Dende o 2009, é o secretario xeral de Eusko Alkartasuna (EA).

Biografía Estudou enxeñaría técnica en Electrónica e Informática, estudos que xamais concluíu a pesar de tentalo con afán. Desenvolveu toda a súa carreira profesional no ámbito das cooperativas. É un profundo coñecedor dese mundo, o que lle levou en 1999 a constituír con outros compañeiros unha cooperativa de servizos na que traballa dende entón. esquerda|miniatura|Pello Urizar nunha rolda de prensa de Bildu en abril de 2011 Como militante de Gazte Abertzaleak, ocupou o cargo de secretario xeral entre 1996 e 1998, etapa durante a que tamén formou parte da Executiva Nacional de EA; despois, desempeñando diversas responsabilidades tanto a nivel local como rexional. Así, foi membro da Executiva Rexional de Guipúscoa desde o ano 2000 e desde as pasadas eleccións de 2007 é concelleiro no Concello de Mondragón, un cargo que xa ocupou entre 1995 e 1997.

Asumiu a Secretaría Xeral do partido no Congreso Nacional celebrado os días 20 e 21 de xuño de 2009, na cidade de Vitoria, onde foi elixido por aclamación e tomou o testemuño portada no pasado por Manuel Ibarrondo, Carlos Garaikoetxea, Begoña Errazti, Unai Ziarreta e Koldo Amezketa.

Tras a convocatoria de eleccións ao parlamento vasco do 21 de outubro de 2012, Pello Urizar presentouse no posto número 2 nas listas da coalición EH Bildu por Guipúscoa, resultando elixido para o posto.

Notas

Categoría:Nados en Arrasate Categoría:Nados en 1968 Categoría:Políticos de Eusko Alkartasuna Categoría:Políticos de EH Bildu Categoría:Políticos do País Vasco