Vladimir Jegorovitš Brendojev (en ; en , "Vladimir Egorovich Brendoev"), nado en Sammatus o 6 de setembro de 1931 e finado en Olonets o 24 de outubro de 1990, foi un escritor carelio.
Traxectoria Vladimir Brendojev naceu no seu dunha familia carelia de agricultores no pequeno vilar de Randuhieru, agora integrado na aldea de Sammatus, no distrito de Olonets. Ao comezar a colectivización en Carelia o pai marchou coa familia a Petergof e alí traballou como carpinteiro. Cando a URSS entrou en guerra a nai regresou a Carelia cos fillos mentres o pai ía á fronte. Vladimir instalouse coa súa familia en Syurya, preto de Мägrii, territorio ocupado polos finlandeses durante a guerra e así Vladimir estudou na escola en finés. Tras rematar a guerra e volver seu pai a familia moveuse a Kuiteža. Ao rematar os estudos en 1949 traballou nunha industria local un tempo e logo matriculouse na escola marítima de pesca en Belomorsk e traballou como mariñeiro, contramestre, e dende 1972 como capitán de navío de pesca do Onega. En 1981 admitírono na Unión de Escritores e en 1983 deixou a frota por razóns de saúde e traballou durante un ano no Instituto de Lingua, Historia e Cultura do Centro de Investigación de Carelia da Academia de Ciencias da URSS e logo na biblioteca da Unión de Escritores. En 1986 ao retirarse estableceuse en Petrozavodsk.
Brendojev está considerado o primeiro escritorFedulova Galina Mihailovna "Vladimir Jegorovitš Brendojev" Suomalais-Ugrilaset Kirjastot da variedade olonets da lingua carelia. Na escola comezou a compoñer versos en ruso pero o seu début literario xa foi en carelio, en 1972 publicou os seus dous primeiros poemas, sempre en olonets, na revista carelia en lingua finesa Neuvosto-Karjala e no mesmo ano pasou a ser un colaborador habitual de Punalippu. A súa primeira colección de poemas Aunusrandaine apareceu en 1980 e ademais de trinta poemas da súa autoría incluía cancións populares e traducións. En 1988 publicou unha colección de relatos Kyl’mil. Os seus poemas espertaron interese en Finlandia e o poeta Aku-Kimmo Ripatti traduciu varios dos seus poemas que se publicaron nun volume en 1986.
Os poemas de Brendojev aseméllase á poesía popular"Владимир Брендоев" literarus.org, o seu principal tema é o amor: de nai, á terra e á lingua, ademais compuxo numerosas cancións e traduciu a poetas clásicos da literatura rusaАрмас Мишин "Владимир Брендоев" Kultuurisvuja Karjalasta.
Obras Anusrandaine. Petroskoi: Karjala, 1980. Hiilau huoli Petroskoi: Karjala-kustantamo, 1983. Kadajikko. Petroskoi: Karjala-kustantamo, 1986. Kyl’mil. Petroskoi: Karjala-kustantamo, 1988 Sa olet armas:. Petroskoi: Karjala, 1989. Runoja. Petroskoi: Karjala-kustantamo, 1991 (póstumo). Sana, kuultu muaman suus. Petroskoi: Karjala, 1991 (póstumo). Jättie hyvä jälgi muale Petroskoi: Karjala, 1999 (póstumo).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Programa Kirjakamari da TV de Carelia dedicado a Vladimir Brendojev (en carelio)
Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 1990 Categoría:Escritores de Rusia Categoría:Escritores en lingua carelia Categoría:Tradutores do ruso Categoría:Nados na República de Carelia