miniatura|270px|Odón de Habsburgo-Lorena en 2004. Odón de Habsburgo-Lorena e Borbón-ParmaBoullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega. (en alemán: Otto von Habsburg-Lothringen und Bourbon-Parma), nado en Villa Warholz, Reichenau an der Rax, Baixa Austria o 20 de novembro de 1912 e finado en Pöcking, Baviera, Alemaña o 4 de xullo de 2011),Fallece Otto von Hasburg Diario El Muindo (España), 4-7-2011. foi o fillo máis vello de Carlos I de Austria e IV de Hungría, último emperador de Austria e rei de Hungría, e da súa esposa Zita de Borbón-Parma.
Liderou durante 85 anos (de 1922 a 2007) a dinastía Habsburgo e foi o titular de todas as súas pretensións. Renunciou aos seus dereitos o 1 de xaneiro de 2007 a favor de seu fillo o arquiduque Carlos. Dinasticamente foi sobriño bisneto de Francisco Xosé I, emperador de Austria-Hungría, de Maximiliano I de México e do arquiduque Luís Vitor de Austria.
Ostentou o nome oficial de "Súa Alteza Imperial e Real Francisco Xosé Odón Roberto María Antón Carlos Maximiliano Henrique Sisto Xabier Fiz Renato Lois Caetano Pío Ignacio, Príncipe Imperial, Arquiduque de Austria, Príncipe Real de Hungría e de Bohemia", aínda que desde 1919 (confirmado en 1959) en Austria foi oficialmente o Dr. Otto Habsburg-Lothringen.
Político, periodista e escritor, foi durante vinte anos (1979-1999), membro do Parlamento Europeo polo partido Unión Social Cristiá de Baviera (CSU) e presidente da Unión Internacional Paneuropea. Tivo as cidadanías austríaca, húngara, alemá e croata.
Devanceiros Antepasados de Odón de Habsburgo-Lorena
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Otto von Habsburg. Web oficial . Consultada o 13 de novembro de 2016. Entrevista con Otto von Habsburg. Vídeo . Consultado o 13 de novembro de 2016.
Categoría:Casa de Habsburgo Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Europarlamentarios Categoría:Nados no estado da Baixa Austria