Tongtianlong (en chinés simplificado: 通天龙; tradicional: 通天龍; pinyin: tōngtiānlóng, que significa "Dragón tongtianyan") é un xénero de dinosauro oviraptoridae terópodo que viviu a finais do Maastrichtiano do período Cretáceo. Contén unha especie, o T. limosus.
Discubrimento e nome O holotipo de Tongtianlong, o espécime número DYM-2013-8, foi descuberto no 2016 durante a construción dun novo instituto preto do Distrito de Ganxian na provincia de Jiangxi da China. O lugar onde foi atopado é parte da formación Nanxiong, que data da época Maastrichtiana (unha datación máis precisa non foi aínda descrita). O espécime está no Museo de Dongyang. Malia que orixinalmente o espécime estaba escepcionalmente ben conservado, parte dos brazos, da perna dereita e a cola foron destruídos por unha detonación de TNT que foi a que desenterrou o fósil. Preto da cadeira, pódese ver un furado que foi empregado para depositar o TNT.
O esqueleto foi preservado nunha pose pouco común, coa testa erguida e os brazos estendidos; e aínda que sexa difícil dicir exactamente o que levou a esta pose, suxeriuse especulativamente que o espécime morreu mentres estaba preso na lama e tentaba ceibarse. O nome do xénero Tongtianlong mestura unha referencia á achegada Tongtianyan (通天岩) e o sufixo -long (龙, "dragón"). "Tongtian" tamén é unha expresión chinesa que quere dicir "camiño cara o ceo". O nome da especie, limosus (do latín "enlameado"), refírese a como foi conservado o exemplar en lutita.
Notas
Categoría:Dinosauros Categoría:Fósiles descritos en 2016