A lingua calmuca (хальмг өөрдин келн, halmg őrdin cheln), é unha lingua mongólica falada polo pobo calmuco da República dos Calmucos, unha república federal de Rusia. En Rusia, é a forma normativa da lingua oirat (baseada na forma torgut). O pobo calmuco do noroeste do Mar Caspio descende dos oiratos de Eurasia, que estaban asentados historicamente en Mongolia e no noroeste da República Popular da China. Segundo a UNESCO, a lingua está "definitivamente en perigo".UNESCO Atlas of the World's languages in danger Consultado o 31 de outubro de 2012 Segundo o censo ruso de 2010, hai 80 500 falantes dunha poboación étnica de 183 000 persoas.O calmuco en Ethnologue O calmuco está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en calmuco Ligazóns externas Artigo da política lingüística e a historia da República dos Calmucos Dicionario en liña ruso-calmuco

Categoría:Linguas mongólicas Categoría:Linguas da China Categoría:Linguas de Rusia Categoría:Linguas aglutinantes