Boubacar Boris Diop, nado en Dakar o 26 de outubro de 1946, é un escritor e xornalista senegalés. No ano 2000, recibiu o Gran premio literario da África negra polo conxunto da súa obra.
Traxectoria Estudou literatura e filosofía en Dakar e deu clases ata 1981 desas materias en varios centros de ensino secundario senegaleses e foi conselleiro técnico do ministerio de cultura. Realizou un curso de xornalismo na Universidade de Dakar, traballou tamén como xornalista en diversos periódicos locais e en 1986 foi un dos fundadores de Sud Magazine primeiro xornal independente do SenegalEmmanuel Kwaku Akyeampong e Henry Louis Gates (2012)Dictionary of African Biography, Volume 6, OUP USA, p. 214, e tamén colaborou co Neue Zürcher Zeitung, Afrique, perspectives et réalités ou Chimurenga. A partir de 1996 foi director de Le Matin de DakarBoubacar Boris Diop en africultures.com. En 1998 por iniciativa dos xornalistas Nocky Djendanoum e Maimouna Coulibaly viaxou a Ruanda, canda outros dez escritores africanos, para participar nun proxecto literario sobre o xenocidio de Ruanda:" Rwanda: écrire par devoir de mémoire" para o que escribiu a novela Murambi, le livre des ossements e esa experiencia tamén foi fundamental para comezar a escribir en lingua wólof.Boubacar Boris Diop: « Au début du génocide au Rwanda, je confondais victimes et bourreaux » Jeune Afrique, 4 de abril de 2014
Obras
Novelas Le Temps de Tamango, París, L’Harmattan, 1981, coll. Encres noires. Réédition : París, Le Serpent à Plumes, 2002, coll. Motifs (Prix du bureau sénégalais du droit d’auteur) Les Tambours de la mémoire, París, L’Harmattan, 1991, coll. Encres noires (Grand prix de la République du Sénégal pour les lettres) Les Traces de la meute, París, L’Harmattan, 1993, coll. Encres noires Le Cavalier et son ombre, París, Stock, 1997 (Prix Tropiques) Murambi, le livre des ossements, París, Stock, 2000. Réédition enrichie d'une postface de l'auteur : París, Éditions Zulma, 2011, réedition Éditions Zulma en poche : coll. Z/a, 2014. Doomi Golo, Dakar, Papyrus, 2003 (en wólof) L’Impossible Innocence, París, Éditions Philippe Rey, 2004 (ISBN 978-2-84876-013-1) Kaveena, Éditions Philippe Rey, 2006 (ISBN 2-84876-051-6) Les Petits de la guenon, Éditions Philippe Rey, 2009 (tradución libre da súa obra en wólof Doomi Golo) (ISBN 978-2-84876-145-9)
Teatro Thiaroye, terre rouge, París, L’Harmattan, 1990
Ensaios Négrophobie, avec Odile Tobner et François-Xavier Verschave, Les Arènes, 2005 (ISBN 978-2-912485-81-6) L'Afrique au-delà du miroir, Éditions Philippe Rey, París, 2007 (ISBN 978-2-84876-068-1) La Gloire des imposteurs : Lettres sur le Mali et l'Afrique (avec Aminata Dramane Traoré), Éditions Philippe Rey, París, 2014 (ISBN 978-2-84876-232-6)
Notas
Categoría:Nados en Dakar Categoría:Escritores do Senegal Categoría:Nados en 1946 Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores en lingua wólof Categoría:Xornalistas do Senegal