Pio X, nado co nome de Giuseppe Melchor Sarto en Riese o 2 de xuño de 1835 e finado en Roma o 20 de agosto de 1914, foi un relixioso italiano, papa entre 1903 e 1914 e santo católico. Traxectoria
Foi Patriarca de Venecia e elixido Papa en 1903. Gobernou a Igrexa católica con man firme nunha época en que esta se enfrontaba a un laicismo moi forte así como a numerosas tendencias do modernismo nos campos dos estudos bíblicos e a teoloxía. Introduciu grandes reformas na liturxia e facilitou a participación do pobo na celebración Eucarística. Permitiu a práctica da comuñón frecuente e fomentou o acceso dos nenos á Eucaristía. Promoveu moito o estudo do catecismo.
Morreu en Roma o 20 de agosto de 1914. Na lápida da súa tumba na Basílica de San Pedro no Vaticano, lese: A súa tiara estaba formada por tres coroas: pobreza, humildade e bondade. Foi beatificado en 1951 e canonizado o 3 de setembro de 1954. A Igrexa celebra a súa memoria litúrxica o 21 de agosto.
A súa lema era "Renovar tódalas cousas en Cristo". É patrón dos peregrinos enfermos.
Sucesión apostólica
Pío X (como Giuseppe Melchiorre Sarto) (1884) Constantino Patrizi Naro (1828) Carlo Odescalchi (1823) Giulio Maria della Somaglia (1788) Hyacinthe-Sigismond Gerdil (1777) Marcantonio Colonna (1762) Carlo della Torre Rezzonico (1743) Prospero Lorenzo Lambertini (1724) Pietro Francesco Orsini (1675) Paluzzo Paluzzi Altieri degli Albertoni (1666) Ulderico Carpegna (1630) Luigi Caetani (1622) Ludivico Ludovisi (1621) Galeazzo Sanvitale (1604) Girolamo Bernerio (1586) Giulio Antonio Santorio (1566) Scipione Rebiba (1541)
Categoría:Papas Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Nados en 1835 Categoría:Finados en 1914 Categoría:Nados na provincia de Treviso Categoría:Cardeais creados por León XIII Categoría:Cardeais de Italia Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia