Imposto revolucionario, tamén coñecido como vacina extorsiva, é a denominación que adoitan dar determinados grupos terroristas á extorsión económica. Realízano determinadas organizacións armadas e grupos terroristas que perseguen obxectivos políticos. Algunhas destas organizacións, que o exerceron ou aínda o exercen, son a IRA en Irlanda, ETA en España, as FARC en Colombia, A Fronte Bolivariano de liberación e ELN en Venezuela, e a liga Comunista 23 de setembro en México.

Proceso A banda armada adoita enviar remesas de cartas ó grupo de empresarios seleccionados. Nela lémbraselles o seu "deber" de contribuír á loita pola liberación da patria ou dalgunha revolución e lémbraselles que de non facelo el e os seus bens serán obxectivos de atentados terroristas, aínda que se a linguaxe está moderado pola situación política adóitanse utilizar outros termos.

Exemplos Durante a Revolución Cubana, o Movemento 26 de xullo obtivo recursos por este medio, cobrándolle principalmente ós enxeños azucreiros, os gandeiros e a banca.

No caso de ETA, o chamado imposto revolucionario, dependendo da situación política, incluía dende peticións cordiais para a construción do fin político da organización, até ameazas de morte contra os suxeitos elixidos ou as súas familias (empresarios, profesionais, etc.) no caso de que non se pagase a cantidade esixida. Estas situacións repetíronse con máis ou menos frecuencia ata que en marzo de 2011 ETA anunciou que cancelaba a súa extorsión.O Imposto revolucionario de ETA

Todo o proceso de selección, información, presións e cobro efectivo, ía marcado por características coñecidas nas organizacións de crime organizado, nalgúns casos, e realizado por persoas pertencentes ás diferentes organizacións legais da contorna das bandas armadas. No caso de ETA, calcúlase que recadaba aproximadamente 1,5 millóns de euros cada ano por esta vía.Balance da situación da banda

Notas

Véxase tamén Outros artigos Terrorismo

Categoría:ETA Categoría:Impostos Categoría:Terrorismo