Os branquiúros (Branchiura) son unha subclase de crustáceos maxilópodos que comprende unhas 130 especiesBrusca, R. C. & Brusca, G. J., 2005. Invertebrados, 2ª edición. McGraw-Hill-Interamericana, Madrid (etc.), XXVI+1005 pp. ISBN 0-87893-097-3. clasificadas todas nunha soa orde, os arguloides (Arguloida), e unha soa familia, os argúlidos (Argulidae), composta polos xéneros Argulus, Dolops e Chonopeltis.

Os branquiúros son fundamentalmente ectoparasitos de peixes mariños e de auga doce, aínda que tamén hai algunhas especies de vida libre. A diferenza dos copépodos, ademais do único ollo fusionado, posúen dous ollos simples a cada lado da cabeza.

O corpo dos branquiúros é traslúcido, ata o punto de que o que mellor se aprecia é a zona abdominal, onde se encontra o aparato dixestivo. Estes parasitos adoitan fixarse ás branquias dun peixe, ás veces en cantidades tan grandes que poden causar a morte do animal hóspede. As súas mandíbulas están reducidas, presentan beiras cortantes e están aloxadas dentro dun aparato en forma de estilete chamado probóscide, mentres que os apéndices se reducen, sen chegaren a desaparecer de todo. A diferenza dos copépodos parasitos, os branquiúros non recuperan a súa forma libre unha vez que iniciaron a súa etapa parasitaria ata o final da súa vida na época de apareamento.

Clasificación Segundo Martin & Davis (2001), os branquiúros clasifícanse da seguinte maneira:

Subclase Branchiura Thorell, 1864 Orde Arguloida Yamaguti, 1963 Familia Argulidae Leach, 1819

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Crustáceos