miniatura|

Refraneiro Chuvia na semana da Ascensión, nin boa faba, nin bo melón Marcial Valladares Núñez (1884). No orixinal: n’a, d’Ascension, melon.Eladio Rodríguez González, s. v. chuvia.. En cada casa cocen fabas, e na miña caldeiradas Eladio Rodríguez González, s. v. cocer. Nena, viña, pereira e fabal son malos de gardar Eladio Rodríguez González, s. v. neno.. Polo san Sebastián coida o teu fabal. Por San Martiño, nin faba, nin liño. Por san Martiño, nin fabas nin viño. Por San Martiño, non sementes fabas nin liño Eladio Rodríguez González, s. v. San Martiño.. Por Santa Erea, toma os bois e semea; por San Martiño, nin fabas nin liño Santa Irea ou Erea, 18 de setembro; San Martiño, 11 de novembro.. Viña, pereira, e fabal, malos son de gardar Eladio Rodríguez González, s. v. viña..

Cantigueiro Ai, miña nai, que caldo me ten./ Ai, miña filla, sábeche ben;/ verciñas poucas, fabiñas catro,/ carniña tanta coma a lengoa dun gato Xaquín Lorenzo Fernández, 33. No orixinal: berciñas, de un gato.. Do outro lado do río/ sementei unhas fabiñas;/ vivan os amores novos/ i os vellos torzan as liñas Xaquín Lorenzo Fernández, 72. Torcer as liñas é rematar un labor, de tecer ou de coser; dise que está torcendo as liñas a muller que está coas dores do parto.. Dúrmete, meu neno, durme,/ que eu teño que faguere:/ ir por unha ola de auga,/ pór as fabas a cocere Xaquín Lorenzo Fernández, 73.. Maruxiña, Maruxiña,/ cariña de repinaldo,/ o día que te non vexo/ non boto fabas ó caldo Xaquín Lorenzo Fernández, 95. Chámase repinaldo a unha variedade de mazá de forma alargada.. No alto de aquile monte/ deille a volta ao meu capote;/ acordáronseme as mozas/ e mailas fabas do pote Xaquín Lorenzo Fernández, 108.. Pasei a Ponte de Ourense,/ queridiña, por te ver,/ o día que te non vexo/ non boto fabas ao pote Xaquín Lorenzo Fernández, 129. No orixinal: paséi.. Sementei tirabeques,/ nacéronme fabas;/ as meniñas desta terra andan todas preñadas Xaquín Lorenzo Fernández, 144..

Notas

Véxase tamén Bibliografía LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973. RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961. VALLADARES NÚÑEZ, Marcial: Diccionario gallego-castellano'', Santiago, Imp. Seminario Conciliar 1884.

fabas