Ama Ata Aidoo, nada en Abeadze Kyiakor o 23 de marzo de 1942 e finada o 31 de maio de 2023, foi unha escritora e política ghanesa.
Traxectoria Membro da familia real fanti, estudou na Universidade de Ghana en Legon e traballou con Efua Sutherland, fundador do teatro ghanés. Tras graduarse pasou un tempo estudando na Universidade Standford e logo desenvolveu o seu labor no Instituto de Estudos Africanos da Universidade de Ghana. Foi ministra de educación (1982-1983) e logo viviu no exilio en Zimbabwe e os Estados Unidos.
Obra The Dilemma of a Ghost, 1964 (teatro) Anowa, 1970 (teatro) No Sweetness Here, 1970 (relatos) Our Sister Killjoy, 1977 (novela) Someone Talking to Sometime, 1985 (poesía) The Eagle and the Chickens and Other Stories,1989 (relatos infantís) An Angry Letter in January, 1992 (poesía)
Notas
Aidoo, Ama Ata Aidoo, Ama Ata Categoría:Nados en Ghana Categoría:Nados en 1942 Categoría:Finados en 2023