miniatura|A dinámica de virus úsase frecuentemente para estudar o VIH. Na imaxe VIH-1, en verde, emerxendo dun cultivo de linfocitos. A dinámica de virus é o campo da Biomatemática dedicado á descrición do comportamento dos virus. Os modelos matemáticos empregados reflicten os cambios da poboación de células afectada ao longo do tempo, así como a competición entre distintas cepas víricas e o efecto da resposta inmunitaria.

Orixinalmente, a dinámica vírica baseábase nos modelos preexistentes para epidemias e na actualidade manteñen unha semellanza considerable no que ás ferramentas matemáticas empregadas se refire, como por exemplo o uso do número básico de reprodución. Porén, existen diferenzas noutros aspectos, entre as que destaca a disparidade da escala considerada: dentro dun individuo fronte a entre individuos, respectivamente.

Un campo de aplicación frecuente desta disciplina é o estudo do VIH, así como as hepatites B, e C

Notas

Ligazóns externas Viral Dynamics Mathematical Modeling Training, Center for AIDS Research, University of Washington

Categoría:Biomatemáticas Categoría:Viroloxía Categoría:Inmunoloxía