Joaquín Lorente, nado en Barcelona en 1943, é un ex-publicista e escritor catalán que creou cursos de estímulo da creatividade. Esteban Hernández considérao "a personalidade máis influente na publicidade española das tres últimas décadas".Esteban Hernández.

Biografía Á idade de 27 anos promoveu e fundou xunto a Marçal Moliné, Eddie Bosten e Miguel Montfort o grupo publicitario MMLB, que colocou a España en primeira posición internacional na área. Dende 1985, e durante 20 anos, estivo á fronte dese grupo, o maior do país.

Creador da imaxe e desenvolvemento de múltiples marcas —Osborne, Central Lechera Asturiana, Allianz, Dodot, Kas— e dalgunhas empresas españolas que hoxe son referencias mundiais como BBVA, Iberdrola, Camper, Fagor, entre outras.

Asesor persoal dos presidentes Felipe González e Jordi Pujol, exerceu un importante labor docente a través de numerosas conferencias e artigos.

O seu labor creativo recibiu máis de cen premios internacionais, entre os que destacan, ademais de Cannes, Fiap e San Sebastián, os de mellor creativo da década, Colexio de Publicitarios, Club de Creativos Españois, do Goberno de Cataluña e Académico de Honra da Academia da Publicidade.

A súa obra creativa foi motivo da exposición antolóxica (Barcelona- Palau Robert- 2006), Lorente, creador de marcas.

O seu primeiro libro, Casi todo lo que sé de publicidad, publicouno en 1987 e está baseado na súa carreira como publicista e a súa experiencia profesional. É a obra máis vendida da súa especialidade en España.

En 2004 saíu a súa primeira novela, Ciudadanos de la tierra.com, na que se adianta a un futuro próximo onde os cidadáns cambian o mundo actual a través dun movemento virtual por Internet.

Cinco anos despois apareceu Piensa, se gratis, libro no que nos presenta 84 principios para potenciar o talento e que foi un éxito: estivo durante seis meses nos primeiros postos de vendas na categoría de non ficción en España; foi tamén un best-séller en países como o Xapón e foi traducido a 11 linguas. A súa continuación, Tú puedes (2011), afonda nos principios vistos no anterior libro, ampliándoos até un total de 202; tamén foi un éxito de vendas de non ficción en España.

Está casado coa escritora colombiana Ángela Becerra.

Libros 1987 Casi todo lo que sé de publicidad. Ediciones Folio ISBN 978-84-7583-087-2 2004 Ciudadanos de la Tierra.com. Ediciones Folio ISBN 84-413-2045-4 2006 Publicidad en Cataluña. RBA Editores ISBN 978-84-7871-842-9 2009 Piensa, es gratis. Editorial Planeta versión español. ISBN 978-84-08-08637-6 2011 Tú Puedes. Editorial Planeta versión español. ISBN 978-84-08- 2011 ''Cómo comer navos, por Mr Loren "Pogonas de Enchufe"". Editorial Planeta versión español. ISBN 978-84-08-

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de Piensa, es gratis Páxina oficial de Tú puedes Seguidores Piensa es Gratis Entrevista Tema dos Temas. Como cambiaron os medios dixitais a forma de transmitir coñecementos?

Categoría:Nados en 1943 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Publicidade