miniatura|dereita|Terxitos (cos paranota laterais) dun miriápodo. O tergo é a parte dorsal do exoesqueleto de cada unha das rexións do corpo dos artrópodos que seguen á cabeza. Nelas, a cutícula está endurecida e forma un esclerito. Características

O tergo adoita dividirse en varios segmentos, correspondentes a cada un dos seus metámeros, denominadas terxitos.McCafferty, W. Patrick (1983): Aquatic entomology: the fishermen's and ecologists' illustrated guide to insects and their relatives. Toronto, Canadá: Jones & Bartlett Publishers, ISBN 0-8672-0017-0.Garrido, Carlos (1997): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Coruña: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-8730-512-1. Así, por exemplo, nun segmento torácico, o tergo dos insectos pode dividirse nun noto anterior e un escutelo posterior. As expansións laterais dun terxito coñécense como paranota ou carinae.

O seu extremo anterior chámase 'base' e o seu bordo posterior, 'ápice' ou 'marxe'. A porción ventral dun segmento denomínase esterno.

Etimoloxía O termo zoolóxico deriva do latín , "costas" (do home); "costas", "dorso" (dun animal). En latín científico empréganse a forma tergum, co plural terga.

Galería de imaxes

Notas

Categoría:Anatomía animal Categoría:Termos zoolóxicos