Xavier Pardo Bedía, nado en Santiago de Compostela o 1 de decembro de 1903, e finado na Coruña o 3 de xullo de 1969Necrolóxica en La Voz de Galicia, 4-7-1969, p. 22, 23., foi un óptico, xornalista e escritor galego.
Traxectoria miniatura|300px|Homenaxe a Otero Pedrayo polo seu ingreso na RAG en 1929. De pé: César Otero, José Berguer, Pardo, Liste Mourenza, Abelaira, Salvador Mosteiro, Manuel Cabanillas, Calviño Domínguez e A. Villar Ponte. Sentados: Laureano Alonso, Eladio Rodríguez, Otero Pedrayo, Risco, Ángel del Castillo e Rafael González Villar. Fillo do óptico santiagués Jaime Pardo Montes. Colaborou en Nós e foi correspondente de Galicia en Santiago de Compostela. En outubro de 1924 creou en Compostela a editora Libredón, que publicaba a revista mensual do mesmo nome na que aparecían novelas curtas en galego; a primeira foi a titulada Mariña Andrade, da autoría do propio Xavier Pardo.El Compostelano, 16-10-1924, p. 3. Ingresou o 18 de outubro de 1924 no Seminario de Estudos Galegos, onde leu o 28 de novembro do ano seguinte o traballo As leendas da morte na Baixa Bretaña, tradución de Anatole Le Braz, que xa publicara por entregas no periódico GaliciaGalicia. Diario de Vigo, 16-3-1924, p. 3..
En 1926, Ano Xacobeo, foi canda a Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Lois Feixoo e Antón Sánchez desde Ourense a Santiago de Compostela como peregrinos. Froito desta ruta de catro días, escribiu o texto No camiño de San-Yago, publicado por capítulos na revista A Nosa Terra entre xullo de 1926 e abril de 1927.
A finais da década de 1920 instalouse na Coruña, onde abriu unha óptica. Durante o franquismo foi concelleiro da Coruña (1958) e deputado provincial (1964) vicepresidente da Deputación da Coruña, onde promoveu a adquisición do Sanatorio Psiquiátrico de Conxo pola institución.El Pueblo Gallego, 23-8-1969, p. 11.
Obras Mariña Andrade.Ficha da obra
Vida persoal Casou na Coruña con Ramona Murias Reigada en 1929.El Progreso, 2-7-1929, p. 2.
Recoñecementos A Deputación da Coruña concedeulle a Medalla de Prata da provincia a título póstumo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Discurso de Xabier Pardo Bedía para homenaxear a Luís Porteiro Garea
Categoría:Xornalistas de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Membros do Seminario de Estudos Galegos Categoría:Concelleiros da Coruña Categoría:Concelleiros de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1969