O premio Anisia Miranda de teatro para a infancia, antes premio Estornela de teatro, é un premio de teatro para nenos creado pola Fundación Xosé Neira Vilas para estimular a creación nese xénero. Comezou a entregarse en 2000. O último concedido con esa denominación foi en 2014. En 2022 volveu convocarse co nome Premio Anisia Miranda de teatro para a infancia. Ten carácter bianual e altérnase co premio Arume de poesía.

Premiados Premio Estornela de teatro 2000: Música da noite de Manuel Lourenzo González. Mención especial a O país acuático, de Eduardo Alonso. 2002: Os mundiños, de Heidi Kühn-Bode. 2004: O ensaio de Xosé Agrelo, O porco que perdera a cabeza de Ana María Galego Gen e Xoguetes de Fran Peleteiro (ex aequo). 2006: O filibusteiro do mar da Marola de Antonio Cordero Álvarez.

2008: Larpancia saborosa do lobo e a raposa de Bernardino Graña.

2010: Teatro de xoguete de Carlos Labraña. Mención de honra para Xosé Luna. 2012: Arlequino Viceversa de Diana Varela Puñal. 2014: A pequena compaña de Carlos Labraña.

Premio Anisia Miranda de teatro para a infancia 2022. Travesía unicornio de María Canosa. 2023. Medo me dá de Ramón Domínguez Veiga. 2024. O dedo e os monstros de Francisco Antonio Vidal. 2025. O tesouro de Lidia de la Fuente. 2026: Perder o norte, de Raquel Castro Martínez.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Premio Estornela na web da Fundación Xosé Neira Vilas. Premio Anisia Miranda de teatro para a infancia na web da Fundación Xosé Neira Vilas.

Anisia Miranda Categoría:Xosé Neira Vilas