Bidania-Goiatz (ata 2013 Bidegoian) é un concello do centro da provincia de Guipúscoa, no País Vasco. Atópase na comarca de Tolosaldea, a 36 km de Donostia.
O concello naceu en 1964 cando se fusionaron os concellos de Bidania e Goiatz, situados a 1 km de distancia. O termo municipal ten unha extensión de 13,37 km². Limita ao norte con Errezil, ao sur e oeste con Beizama e ao leste con Albiztur. Ten tamén un pequeno enclave ao norte de Itsasondo. En 2015 tiña 526 habitantes.
Demografía
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Concellos de Guipúscoa