Marcos Vizcaya Retana, nado en Gorliz o 22 de febreiro de 1947 e finado en Getxo o 17 de novembro de 2025, foi un avogado, directivo e político vasco de ideoloxía nacionalista vasca.
Traxectoria
Carreira profesional Licenciouse en Dereito na universidade de Deusto e, tamén, foi profesor axudante de dereito civil. Foi tamén colaborador habitual de Deia e La Gaceta del Norte.
Carreira política No terreo político, afiliouse ao Partido Nacionalista Vasco (EAJ-PNV) en 1977, e con esa formación obtivo o escano ó Congreso nas primeiras eleccións democráticas de 1977 tras a ditadura, e renovouno na I (1979-1982) e II Lexislatura (1982-1986). Durante esta II lexislatura, foi voceiro do Grupo Vasco no Congreso.
Durante o proceso de estabelecemento e consolidación da autonomía para o País Vasco, participou na redacción do Estatuto de Gernika e foi viceconselleiro adxunto ó lehendakari do Goberno Vasco, Carlos Garaikoetxea. En 1986, trala crise interna no PNV que levou a que o lehendakari abandonase o partido e se dese paso á creación doutro partido, Eusko Alkartasuna, Vizcaya, foi abandonando a actividade política pública e retomou o seu traballo como avogado e directivo.
Faleceu o 17 de novembro de 2025, en Areeta, un barrio do concello de Getxo.
Obra
El PNV ante la Constitución
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha no congreso dos Deputados
Categoría:Nados en 1947 Categoría:Políticos do PNV Categoría:Políticos do País Vasco Categoría:Nados en Gorliz Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (Lexislatura constituínte) Categoría:Alumnos da Universidade de Deusto Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (I Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (II Lexislatura) Categoría:Finados en 2025