Os aligátoresEnciclopedia Galega Universal. Ir Indo. Tomo I. Páxina 141. ISBN 84-7680-288-7 (da colección).Dicionario Digalego aligátor son réptiles crocodilianos do xénero Alligator. As dúas únicas especies deste xénero que existen actualmente son o aligátor do MississippiForma recomendada polo SNL da USC a partir da proposta do Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000. (A. mississippiensis) e o aligátor da ChinaVV.AA (2006): Diciopedia do Século 21. Galaxia, Vigo.ISBN 978-84-8288-942-9 (A. sinensis). Ademais, coñécense varias especies extintas fósiles de aligátores. Apareceron no Paleoceno hai uns 37 millóns de anos.

O nome "alligator" é probablemente unha deformación feita polos falantes ingleses da palabra castelá lagarto, que era como lle chamaban ao aligátor os primeiros exploradores españois da Florida. Posteriores ortografías da palabra inglesa foron allagarta e alagarto, e finalmente acabou dando alligator, que se convertería tamén no nome científico.Morgan, G. S., Richard, F., & Crombie, R. I. (1993). The Cuban crocodile, Crocodylus rhombifer, from late quaternary fossil deposits on Grand Cayman. Caribbean Journal of Science, 29(3-4), 153-164.

Descrición

Un adulto medio de aligátor do Mississippi pesa uns 360 kg e mide uns 4,0 m de lonxitude, pero ás veces poden medrar ata chegar aos 4,4 m e aos 450 kg. Os máis grandes que se rexistraron, atopados en Louisiana, medían 5,84 m. O aligátor da China é menor e raramente supera os 2,1 m e os machos non pasan dos 45 kg .

Os aligátores adultos son negros ou de cor marrón oliva escura co ventre branco, mentres que os individuos novos teñen marcas amarelas ou brancas fortemente contrastadas que van esvaecéndose coa idade.

Non se mediu a duración media da vida destes animais. En 1937, un espécime adulto levouse de Alemaña a un zoo de Serbia e agora ten polo menos 80 anos de idade. Aínda que non existen rexistros válidos sobre a data de nacemento deste animal, é considerado o máis vello que vive en catividade.

Hábitat

Os aligátores son nativos só dos Estados Unidos e a China.Crocodile Specialist Group. 1996. Alligator mississippiensis. The IUCN Red List of Threatened Species 1996. Descargado o 27 de agosto de 2016.Crocodile Specialist Group. 1996. Alligator sinensis. The IUCN Red List of Threatened Species 1996. Descargado o 27 de agosto de 2016.

A especie de Norteamérica vive nos estados de Florida e Louisiana, e na parte sur de Xeorxia, Alabama, e Mississippi, e zonas costeiras de Carolina do Sur, Carolina do Norte e leste de Texas, na esquina máis sueste de Oklahoma, e no extremo sur de Arkansas. A maioría dos aligátores do Mississippi habitan en Florida e Louisiana, onde hai un millón de exemplares en cada estado. No sur de Florida é o único lugar onde os aligátores comparten o hábitat con crocodilos."Trappers catch crocodile in Lake Tarpon," Tampa Bay Times, 12 de xullo de 2013

O A. mississippiensis vive en ambientes de auga doce ou salobre, como charcas, pantanos, outras zonas húmidas, ríos, lagos e marismas.Dundee, H. A., and D. A. Rossman. 1989. The Amphibians and Reptiles of Louisiana. Baton Rouge: Louisiana State University Press. Os buratos que escavan nas zonas húmidas contribúen a incrementar a diversidade de plantas e proporcionan un hábitat para outros animais durante os períodos de seca,Craighead, F. C., Sr. (1968). The role of the alligator in shaping plant communities and maintaining wildlife in the southern Everglades. The Florida Naturalist, 41, 2–7, 69–74. polo que se consideran unha especie importante para o mantemento da diversidade ecolóxica nas zonas húmidas.Keddy, P.A. 2010. Wetland Ecology: Principles and Conservation (2nd edition). Cambridge University Press, Cambridge, UK. 497 p. Chapter 4. Máis ao oeste, en Louisiana, o consumo de vexetación polos roedores Myocastor coypus e Ondatra zibethicus está causando graves danos ás zonas húmidas costeiras. Os grandes aligátores comen moitos destes roedores, polo que axudan ao seu control.Keddy, P.A., L. Gough, J.A. Nyman, T. McFalls, J. Carter and J. Siegrist. 2009. Alligator hunters, pelt traders, and runaway consumption of Gulf coast marshes: A trophic cascade perspective on coastal wetland losses. p. 115-133 in B.R. Silliman, E.D. Grosholz, and M.D. Bertness (eds.) Human Impacts on Salt Marshes. A Global Perspective. University of California Press, Berkeley, CA

O aligátor chinés actualmente encóntrase só no val do río Yangtzé e partes de provincias adxacentes, e está en perigo extremo de desaparecer, xa que se cre que quedan só unhas poucas ducias vivindo libres na natureza. De feito, hai moitos máis vivindo en zoos de todo o mundo. No Rockefeller Wildlife Refuge no sur de Louisiana hai varios exemplares desa especie que se manteñen alí en catividade nun intento de conservar esa especie.

Comportamento

Os grandes aligátores macho son animais solitarios e territoriais. Os aligátores máis pequenos poden encontrarse a miúdo en grandes cantidades uns xuntos aos outros. O exemplar máis grande da zona (macho ou femia) defende o territorio; os máis pequenos teñen unha maior tolerancia por outros aligátores de similar tamaño.

Os aligátores móvense por terra con dous tipos de marcha, unha é unha "reptación" na que arrastran a barriga, e outra é a "marcha alta" na que se erguen sobre as súas catro patas levantando a barriga do chan.Reilly & Elias, Locomotion In Alligator Mississippiensis: Kinematic Effects Of Speed And Posture and Their Relevance To The Sprawling-to-Erect Paradigm The Journal of Experimental Biology 201, 2559–2574 (1998) Os aligátores tamén poden alzar o seu corpo e manterse en equilibrio sobre as patas posteriores e cola e avanzar uns pasos como parte das súas arremetidas cara a adiante ou cara a arriba. Porén, non poden camiñar sobre as súas patas traseiras longas distancias.zooguy2 Alligator Leap Consultado o 19 de marzo de 2015Answers to Some Nagging Questions The Washington Post, Kids Post, xoves 17 de xaneiro de 2008, consultado o 19 de marzo de 2015Alligator Attacks White Ibis Chick & Jumps Vertically at Pinckney Island Karen Marts Video, consultado o 29 de novembro de 2015

Aínda que o aligátor ten un corpo pesado e un metabolismo lento, pode lanzarse á carreira rápida durante un curto tramo, especialmente en arremetidas moi curtas. A principal presa dos aligátores son os animais máis pequenos que poden matar e comer dun só bocado. Poden cazar tamén presas máis grandes ao agarralas cos dentes e arrastralas á auga para afogalas. Os aligátores consomen alimentos que non poden tragar enteiros deixando que podrezan e estean máis moles, ou mordéndoos e xirando todo o seu corpo na auga ou movendo a cabeza enerxicamente a un lado e outro ata que esta se desgarra e despeza. Os xiros denomínanse "rolo da morte". Para iniciar estes xiros é esencial que a cola se flexione nun ángulo significativo, xa que un aligátor coa cola inmobilizada non pode realizalos.

A maioría dos músculos da mandíbula do aligátor evolucionaron para morder e manter atrapada as presas. Os músculos que pechan a mandíbula son extraordinariamente poderosos, pero os que abren as mandíbulas son comparativamente febles. Como resultado, un home adulto pode manter pechadas as mandíbulas do animal simplemente apertándoas forte coas mans. Para transportalos abonda con utilizar unhas poucas voltas de fita americana arredor da súa mandíbula.Crocodilian Captive Care FAQ: How to properly handle/transport crocodilians etc.

Os aligátores son xeralmente tímidos cos humanos e tenden a marchar andando ou nadando se un se aproxima. Isto fai que algunhas persoas cometan a imprudencia de achegarse demasiado aos aligátores ou aos seus niños, provocando o ataque do animal. En Florida, está prohibido alimentar os aligátores, para que estes non perdan o medo aos humanos nin asocien os humanos coa comida, o que os faría máis perigosos para a xente e tamén acabaría sendo perigoso para eles.

Os aligátores da China hibernan durante o inverno. Son bastante dóciles.

Dieta

O tipo de alimentos que comen os aligátores de Norteamérica depende da súa idade e tamaño. Cando son novos, os aligátores comen peixes, insectos, caracois, crustáceos e vermes. A medida que maduran, comen presas progresivamene máis grandes, como peixes grandes como os lepisosteidos, tartarugas e diversos mamíferos, especialmente roedores como os coipús e ratas do almiscre, xunto con aves, cervos e outros réptiles.Wolfe, J. L., D. K. Bradshaw, and R. H. Chabreck. 1987. Alligator feeding habits: New data and a review. Northeast Gulf Science 9: 1–8.Gabrey, S. W. 2005. Impacts of the coypu removal program on the diet of American alligators (Alligator mississippiensis) in south Louisiana. Report to Louisiana Department of Wildlife and Fisheries, New Orleans. Consomen tamén prea se están famentos dabondo. Nalgúns casos, os aligátores máis grandes capturan cans, pumas de Florida e mesmo osos negros, polo que é un superdepredador en toda a súa área de distribución. O seu papel como depredador no cume da pirámide trófica pode determinar a abundancia das especies de presas, incluíndo tartarugas e roedores (como o M. coypus).Bondavalli, C., and R. E. Ulanowicz. 1998. Unexpected effects of predators upon their prey: The case of the American alligator. Ecosystems 2: 49–63.Keddy, P.A., L. Gough, J.A. Nyman, T. McFalls, J. Carter and J. Siegrist. 2009. Alligator hunters, pelt traders, and runaway consumption of Gulf coast marshes: A trophic cascade perspective on coastal wetland losses. p. 115-133 in B.R. Silliman, E.D. Grosholz, and M.D. Bertness (eds.) Human Impacts on Salt Marshes. A Global Perspective. University of California Press, Berkeley, CA. Os seus estómagos conteñen a miúdo pedras (gastrólitos) que o animal tragou para axudar á dixestión mecánica. A medida que os humanos invaden os seus hábitats, prodúcense algúns ataques a humanos, aínda que son pouco frecuentes. Os aligátores, a diferenza dos crocodilos, se encontran un humano non o consideran inmediatamente como unha presa, pero poden atacar para defenderse se son provocados.

Os aligátores da China comen peixes, ras e ratas, e raras veces animais domésticos. Son moi tímidos e non atacan aos humanos.

Reprodución

Os aligátores xeralmente maduran ata ter unha lonxitude de 1,8 m. A estación de apareamento é ao final da primavera. En abril e maio, os aligátores forman os chamados "coros de bramidos", nos cales grandes grupos destes animais braman xuntos durante algúns minutos unhas poucas veces ao día, xeralmente dunha a tres horas despois do amencer. Os bramidos dos aligátores norteamericanos machos están acompañados de poderosas emisións de infrasóns, que fan vibrar a auga. Outra forma de exhibición do macho é un ruidoso golpe coa cabeza. Recentemente, foron observados en primavera reunidos en grandes cantidades para formar grupos de cortexo, o que se denomina "danza do aligátor".