O dos atelocerados (Atelocerata) é un clado de artrópodos proposto por algúns autores para incluír os hexápodos (insectos e algúns pequenos taxons relacionados) e os miriápodos (milpés, cempés, e taxons similares), pero que exclúe aos crustáceos e os quelicerados (como os arácnidos e os xifosuros).

Descrición sumaria

Trátase dunha amplísima agrupación de artrópodos que comprende a todos os que respiran por traqueas, para distinguilos dos crustáceos, que respiran mediante branquias.

Terminoloxía

O nome Tracheata é un termo antigo, orixinalmente proposto por Ernst Haeckel en 1866 para agrupar os arácnidos, os miriápodos e os insectos.

O termo foi redefinido en 1893 por Reginald Innes Pocock para excluír os arácnidos.

O nome Atelocerata foi proposto en primeiro lugar por Richard Heymons en 1901,

Ambos os nomes, Atelocerata e Tracheata, considéranse hoxe como equivalentes ou sinónimos.

Status discutido

O status dos atelocerados como clado válido discútese hoxe debido a varios estudos de filoxenia molecular. Algúns autores viron recentemente aos crustáceos como máis estreitamente relacionadas cos hexápodos que cos miriápodos. De ser isto certo, entón os caracteres compartidos polos hexápodos e os miriápodos, pero non polos crustáceos, deben de ser o resultado dunha evolución converxente dalgúns destes prupos, ou a unha perda secundaria nos crustáceos.

Filoxenia Baixo o punto de vista filoxenetico os atelocerados serían unha das dúas pólas nas que se divide o clado do mandibulados (Mandibulata), que comprende os crustáceos e que se distingue do que integra aos quelicerados e aos trilobites. Pero cómpre sinalar que sobre a árbore filoxenética dos mandibulados opóñense dúas interpretacións controvertidas.

A primeira, baseada en análises de filoxenia molecular, agrupa as superclases dos hexápodos e dos crustáceos no clado dos pancrustáceos, distinguíndoo do clado que comprende aos miriápodos.

A segunda, baseada nas relacións morfolóxicas, os grupos das superclases dos hexápodos e os miriápodos sitúanse no subfilo dos atelocerados Atelocerata ou traqueados, distinguíndoos dos crustáceos:

Notas

Véxase tamén Outros artigos Pancrustáceos Artrópodos Crustáceos Hexápodos Insectos

Ligazóns externas Sistemática y filogenia de Artrópodos: Estado de la cuestión con énfasis en análisis de datos moleculares en Bol. S.E.A., nº 26, 1999 : 197—212 . Consultada o 7 de decembro de 2016.

Categoría:Artrópodos