En zooloxía, a epiderme é a capa celular externa (epitelio), derivada do endoderma, que cobre o corpo dos animais eumetazoos (os animais máis complexos que os poríferos (esponxas).Garrido, Carlos (1997): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Coruña: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-87305-12-1.
Os eumetazoos máis inferiores (cnidarios e ctenóforos) teñen unha cavidade revestida cun epitelio similar, a gastroderme, que forma un límite coa epiderme na boca. As esponxas non teñen epitelio e, polo tanto, nin epiderme nin gastroderme.
A epiderme dos invertebrados máis complexos é unha capa profunda que pode estar protexida por unha capa non celular, a cutícula. A epiderme da maioría dos vertebrados ten moitas capas, das que as exteriores se reforzan con queratina e despois morren.
Notas
Categoría:Anatomía animal Categoría:Termos zoolóxicos