O sapo de esporónsVocabulario forestal, páx. 191, Servizo de Normalización Lingüística, Universidade de Santiago de Compostela, 2012 (Pelobates cultripes) é unha especie de anfibios anuros da familia Pelobatidae.
Distribución A súa distribución mundial limítase exclusivamente á Península Ibérica e ás costas mediterráneas e suroccidentais de Francia. Dentro da península ten unha distribución practicamente continua facéndose as súas poboacións máis escasas ou desaparecendo no norte (cornixa cantábrica e Galicia).
Hábitat Os ambientes terrestres que ocupa normalmente o sapo de esporóns, adoitan ser terreos areentos, con charcas, arroios estacionais ou marismas próximas. Son especialmente abundantes nas devesas de Estremadura e areais do baixo Guadalquivir, zonas semiáridas do val do Ebro, sendo escaso en zonas de montaña.
Aínda que a súa distribución altitudinal abrangue desde o nivel do mar até os 1.700 metros, é máis frecuente encontrar poboacións por baixo dos 1.000 m.
Ameazas Os factores que poden incidir sobre o seu nivel de conservación son comúns aos doutras especies de anuros. A destrución directa de hábitat reprodutivos como charcas, lagoas e marismas provocou a extinción de poboacións, especialmente en zonas de areais costeiros e zonas destinadas á agricultura intensiva, a contaminación por produtos fitosanitarios e o exceso de carga gandeira, que provoca a eutrofización dos hábitats reprodutivos. Os atropelos en estradas en zonas reprodutivas ricas en charcas e a introdución de especies foráneas como o cangrexo de río americano ou certas especies de peixes que poden incidir nas fases embrionaria e larval.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Catálogo galego de especies ameazadas Ligazóns externas Pelobates cultripes , no Atlas y Libro Rojo de los Anfibios y Reptiles de España. Consultado o 3 de xuño de 2009. Mapa de distribución en Amphibiaweb. Visto o 3 de xuño de 2009.
Categoría:Anuros Categoría:Anfibios de Galicia Categoría:Animais descritos en 1829