O dos escalidóforos (Scalidophora) é un clado de invertebrados pseudocelomados proposto para agrupar tres filos: quinorrincos, priapúlidos e loricíferos. Esta agrupación foi recoñecida como monofilética en varios estudos (Halanych 2004).Halanych, K. M. (2004): "The new view of Animal Philogeny" (pdf). Annual Review of Ecology and Systematics, 35: 229-256. Consultado o 10 de decembro de 2016.
Os membros deste grupo comparten algunhas características, entre as que destacan a presenza de aneis introvertidos, flósculos, dous aneis introvertidos retráctiles e crecemento mediante a muda da cutícula, ou écdise.Heiner, I., Kristensen, R. H. (2005): "Two new species of the genus Pliciloricus (Loricifera, Pliciloricidae) from the Faroe Bank, North Atlantic". Zoologischer Anzeiger, 243: 121–138.
Os grupos máis próximos filoxeneticamente serían os panartrópodos, os nematodos e os nematomorfos. Por esta razón, todos os grupos anteriormente mencionados foron reunidos no clado dos ecdisozoos, descrito en 1997 por Anne Marie A. Aguinaldo e colaboradores, baseándose principalmente en árbores filoxenéticas construídas utilizando 18 xenes de ARN ribosómico.
Pénsase que dúas especies do xénero Markuelia, que se coñece a partir de embrións fosilizados do cámbrico, parcen estar entre os escalidóforos máis primitivos.
Antigamente este grupo considerábase un único filo, o dos cefalorrincos, dividido en tres clases.
Taxonomía Descrición O clado foi descrito en 1995 por Chistian Lemburg.Scalidophora Lemburg, 1995 en The Taxonomicon.
Clasificación O clado comprende os tres filos citados:Scalidophora no NCBI. Kinorhyncha Priapulida Loricifera
Sinónimos Cephalorhyncha (no sentido de Zrzavý et al., 1998) Scalidorhyncha (Cavalier-Smith, 1998) Scalidorhyncha Cavalier-Smith, 1998 en The Taxonomicon.
Filoxenia
Segundo a interpretación de Zrzavý et al.Zrzavý, J., Mihulka, S., Kepka, P., Bezdék, A. & Tietz, D. (1998): "Phylogeny of Metazoa based on morphological and 18S ribosomal DNA evidence". Cladistics, 14 (3): 249-285. na súa análise conxunta de datos morfolóxicos e moleculares, as relacións dos escalidóforos con outros grupos achegados son:
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Bilaterais Ecdisozoos
Ligazóns externas Scalidophora na EOL. Scalidophora no NCBI. Scalidophora Lemburg, 1995 en The Taxonomicon.
Categoría:Protostomia