Zacharie Noah, nado o 2 de febreiro de 1937 en Yaoundé (Camerún) e finado o 8 de xaneiro de 2017, foi un exfutbolista camerunés. Xogou de defensa no Stade Saint-Germain e no UA Sedan-Torcy, onde gañou a Copa de Francia no 1961.

No 1963 a súa carreira profesional viuse interrompida debido a unha grave lesión.

Era o pai do cantante e tenista Yannick Noah e o avó do xogador de baloncesto Joakim Noah.

Carreira deportiva Stade Saint-Germain (1956-1957) UA Sedan-Torcy (1957-1962)

Categoría:Futbolistas do Camerún Categoría:Nados en Yaoundé Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 2017