Pello Joxepe é unha canción popular en lingua éuscara de Navarra, composta probablemente a finais do século XIX ou comezos do século XX. A canción é moi popular en Euskal Herria e a música da canción emprégana habitualmente polos bertsolariak para improvisar composicións, de xeito que pode ser cantada con diferentes letras.
A canción fala dun home, chamado Pello Joxepe, do lugar navarro de Larraun, a quen lle comunican mentres está nunha taberna que foi pai dun neno, mentres el o nega. Ó final, un capelán (supostamente o pai real do cativo) leva canda si á muller e ó cativo. Pello Joxepe é vista por algúns como un exemplo de anticlericalismo.
Controversia No 2005, Pello Joxepe converteuse nunha canción coñecida en todo o mundo cando se publicou que a melodía da popular canción israelí Yerushalayim Shel Zahav (Xerusalén de Ouro)Yerushalayim Shel Zahav foi unha canción que converteu en símbolo da Xerusalén unida despois da ocupación do Xerusalén leste por Israel en 1967, despois da guerra dos seis días. da coñecida cantante e compositora Naomi Shemer foi inspirada nela: o cantautor vasco Paco Ibáñez deu un concerto en Israel en 1962, onde cantou a canción, e Naomi Shemer escoitou a melodía.
Shemer negou sempre que as dúas cancións tivesen relación, até que en xuño de 2004 fixo unha confesión pouco antes de morrer. Afectada polo cancro, confesou a un amigo seu, o compositor Gil Aldema que escoitara "Pello Joxepe" xusto antes de escribir "Xerusalén de Ouro". Deu instrucións a Aldema de facelo público despois da súa morte. Paco Ibáñez declarou posteriormente que Naomi Shemer non tiña por que sentirse mal por facer iso.
A canción é moi coñecida en Israel, onde ten a categoría de himno non oficial, e é a canción que soa na derradeira escena do filme A lista de Schindler, cando os presos ceibados do campo de concentración camiñan cara a liberdade.
Música http://www.euskomedia.org/aunamendi/123470?op=4&primR=1&idi=es®s=10&EIKVOVOZ=pello%20joxepe&pos=1
Hau pena eta pesadumbria! Senarrak haurra ukatu. "Pello Josepe, bihotz nirea, haur horrek aita zu zaitu. haur horrentzako beste jaberik ezin nezake topatu".
"Fortunosoa nintzela baina ni naiz fortuna gabea. Abade batek eraman ditu umea eta andrea. Aita berea bazuen ere Andrea nuen nerea."
Notas
Categoría:Cancións en lingua éuscara