CiNii é un servizo de referencias bibliográficas, ou base de datos bibliográfica, de material incluído nas bibliotecas académicas xaponesas, que se centra especialmente en obras en xaponés e inglés publicadas no Xapón. Permite realizar, de balde, procuras de información académica en artigos, libros e disertacións. A base de datos foi fundada en abril de 2005 e o seu mantemento corre ó cargo do National Institute of Informatics. O servizo de procuras nas bases de datos é mantida polo propio NII, así como as bases de datos achegadas pola Biblioteca Nacional da Dieta do Xapón, repositorios institucionais, e outras organizacións.
A base de datos contén máis de 17 millóns de artigos de máis de 7000 publicacións. Un mes normal (en 2012) recibía máis de 30 millóns de accesos de 2,2 millóns de visitantes individuais, e é a maior e máis completa base de datos da súa clase no Xapón. Aínda que a base de datos é multidisciplinar, a maior parte das consultas que recibe é no campo das ciencias humanas e sociais, se cadra porque CiNii é a única base de datos que cobre traballos académicos xaponeses nese eido (a diferenza das ciencias naturais, formais, e médicas que se benefician doutras bases de datos).
Identificadores
A base de datos asigna un identificador único, NII Article IDE (NAID), a cada unha das súas entradas de artigos de revistas. Para os libros emprégase un identificador diferente, o NII NACSIS-CAT IDE (NCID).
Notas
Categoría:Identificadores Categoría:Bases de datos