O asasinato de Andrei Karlov ocorreu o 19 de decembro de 2016. Andrei Karlov, o embaixador ruso a Turquía foi mortalmente disparado por Mevlüt Mert Altıntaş na noite do 19 de decembro de 2016 nunha exposición de arte en Ankara, Turquía. O asasinato tivo lugar após varios días de protestas en Turquía sobre a implicación rusa na Guerra Civil siria e a batalla sobre Alepo, aínda que os gobernos rusos e turcos negociaran un cesamento da loita.
Perpetrador e ataque O asasino foi identificado como Mevlüt Mert Altıntaş, quen foi descrito como un oficial de policía turco, graduado na Escola de Policía de Esmirna no 2014. Algunhas fontes informan que fora despedido da policía pola súa alegada implicación na tentativa de golpe de Estado en Turquía en 2016.
Cando Karlov facía un discurso nunha exposición de fotografía, Altıntaş realizou varios disparos contra o embaixador ruso, feríndoo mortalmente e ferindo outras persoas.
Despois de disparar a Karlov, Altıntaş berrou: "Allahu Akbar (Deus é grande). Non esquezades Alepo, non esquezades Siria". Altıntaş foi posteriormente abatido polas forzas de seguranza turcas. Karlov foi levado ó hospital, mais morreu pola gravidade das feridas.
Notas
Categoría:2016 Categoría:Historia de Turquía