Alfonso Mato Domínguez, nado en Ribadavia en 1956, é un historiador e documentalista galego. Traxectoria Traballou na Gran Enciclopedia Gallega e no Instituto Galego de Información. Colaborou en obras colectivas, como a edición crítica do Sempre en Galiza de Castelao e Ánxel Casal, un editor para un país. Catálogos de Lar e Nós (2007).
Obras . Coordinador. O Seminario de Estudos Galegos na documentación que garda o Instituto Padre Sarmiento, 2001. 5 documentos sobre a autonomía galega (1931-1981), 2001. De camiños, viaxeiros e camiñantes, 2016 (con Santiago Lamas).
Premios Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2015 con Santiago Lamas, por De camiños, viaxeiros e camiñantes. Peregrinos de NÓS ao cabo do mundo.Alfonso Mato: "Hoxe a paisaxe hexemónica, mesmo a protexida como patrimonio, é a turística. Pura propaganda", Montse Dopico en Praza Pública, 27 de novembro de 2016.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na Editorial Galaxia
Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Nados en Ribadavia Categoría:Nados en 1956 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes