miniatura|Faro de Punta Nariga. miniatura|Museo do Mar en Vigo. miniatura|Casa do Home na Coruña. César Portela Fernández-Jardón, nado en Pontevedra o 18 de abril de 1937, é un arquitecto galego.
Traxectoria Fillo de Agustín Portela Paz. Estudou nas Escolas Superiores de Arquitectura de Madrid e Barcelona, licenciouse en 1966 e obtivo o doutoramento dous anos despois.
Traballou en Pontevedra, xunto á que era a súa dona, a arquitecta Pascuala Campos de Michelena. Mentres estiveron casados realizaron as súas obras en colaboración. O seu estudio de arquitectura está en Pontevedra.
Unha das súas primeiras obras foi a casa para o párroco de Marín (1968), un atrevido prisma de formigón sobre zancos pegado a unha igrexa barroca. Aínda que o máis coñecido dos traballos daqueles primeiros anos é o complexo de vivendas para xitanos en Campañó (1971-1973), seleccionado xunto coa lonxa de Bueu (1971-1972) para a exposición Arquitectura e racionalismo. Aldo Rossi + 21 arquitectos españois viaxando por diferentes cidades españolas entre setembro de 1975 e outubro de 1976 e vinculado á revista 2C. Construcción de la ciudad. Outras das súas obras daquela época son un bloque de vivendas no polígono industrial de Campolongo (1973) e os concellos de Pontecesures (1973-1975) e Forcarei (1974-1980) .
Foi profesor invitado en numerosas universidades e institucións, como a Escola Superior de Arquitectura de Pamplona, Nancy, Caracas, Lisboa ou Weimar. Colaborou na organización e deseño de diversos seminarios e obradoiros de arquitectura, como o dirixido canda a Aldo Rossi en Santiago de Compostela (1974), os Obradoiros Internacionais de Arquitectura de Napoli, Belfort, e Caracas, a IV Bienal de Arquitectura de Santander, ou o Seminario sobre Cultura e Natureza: Arquitectura e Paisaxe, dependente da Universidade Internacional Menéndez Pelayo na illa de San Simón, así como a dirección, con Óscar Tenreiro, do Seminario de Arquitectura da Universidade de Weimar.
Galardoado co Premio Nacional de Arquitectura de España en 1999 polo edificio da Estación de Autobuses de Córdoba, ten recibido distincións e honras de diversas institucións nacionais e internacionais. Tamén levou a cabo un extenso labor docente, ocupando na actualidade a Cátedra de Proxectos Arquitectónicos da E.T.S. de Arquitectura da Coruña.
En 2021 ingresou na Real Academia Galega de Ciencias.
En sesión ordinaria celebrada o día 18 de decembro de 2021, o plenario da Real Academia Galega de Belas Artes acordou concederlle o título de académico de honra da Corporación.
A súa concepción da arquitectura está nestas palabras súas: "A arquitectura refírese basicamente á construción do espazo. Do mesmo xeito que a pintura especula coa cor, a escultura coa forma, a literatura coas palabras, a fotografía coas imaxes, a música co son e o cine coa imaxe e co tempo, a arquitectura faino co espazo".
Obras Facultade de Belas Artes de Pontevedra (Pontevedra, 1990). Plan especial de Allariz (1991-1997). Rehabilitación da Illa de San Simón (1992-2003). Museo do Coiro 'Fábrica de Curtidos Familia Nogueiras' (Allariz, 1993). Pousada Torre Lombarda (Allariz, 1994). Domus - Casa do Home (A Coruña, 1995, xunto con Arata Isozaki). Faro de Punta Nariga (Malpica de Bergantiños, 1995). Parque Natural Bahia de Cádiz (2002-2002). Con Antonio Barrionuevo e Julia Molino. Cemiterio de Fisterra (Fisterra, 2002). Museo do Mar de Galicia (Vigo, 2002, xunto con Aldo Rossi). Estación de Autobuses de Córdoba (Córdoba, 1999), Premio Nacional de Arquitectura de España. Verbum - Casa das palabras, Vigo (2003). Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa (2003). Rehabilitación do Teatro Cine Fraga (Vigo, en proceso de rehabilitación dende 2007). Pazo de Congresos da Coruña (A Coruña, 2003, xunto con Ricardo Bofill). Observatorio astronómico de Cotobade (Carballedo, Cerdedo Cotobade, 2009, xunto a Magdalena Portela). Rehabilitación do Pazo Baión (2009-2010). Plan director do Cabo Fisterra (2009-2010). Piscina termal das Burgas (Ourense, 2010). Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo (2011). Museo de Historia Natural, Santiago de Compostela (2021). Biblioteca e Auditorio, Sevilla (2011). Ampliación do Aeroporto de Vigo - Peinador (Vigo, 2014).Pastor: "Esta ampliación convierte a Peinador en uno de los aeropuertos más importantes del país" Torre-miradoiro en Caracas (en proceso). Estación intermodal da Coruña (en proceso). Actuacións en Xunqueira de Ambía (en proceso).
Libros
As pesqueiras do Miño (1985). Xunta de Galicia. 46 páxs. ISBN 978-92-0-301524-0. El Pazo de Oca (1985). Ministerio de Fomento. 120 páxs. ISBN 978-84-7433-334-3. Imágenes (1993). Ediciós do Castro. 36 páxs. ISBN 978-84-7492-659-0. Estación de autobuses de Córdoba (1998). Constructora San José. 160 páxs. ISBN 978-84-605-8420-9. César Portela. La emoción en la arquitectura (2006). Editorial Círculo de Bellas Artes. 149 páxs. ISBN 978-84-86418-64-9. Viviendas en Belvís (2007).Fluir Ediciones. 86 páxs. ISBN 978-84-611-7879-7. Arquitectura na Universidade de Vigo. Edificio de ampliación ETSE de telecomunicacións e nova ETSE de minas (2010). Universidade de Vigo. 174 páxs. ISBN 978-84-8158-412-7. Con Gabriel Santos Zas. Emotion and reason in architecture = La emoción y la razón en la arquitectura (2013). Loft Publications. 420 páxs. ISBN 978-84-9936-879-5. Mis casas (2025). Colexio de Arquitectos de Galicia (Coag) en colaboración coa compañía pontevedresa SETGA. Recolle dezaoito casas proxectadas por el entre 1972 e 2003 e comentadas polos seus moradores, de Bueu, Salcedo, Santiago, Mourente, Vilaxoán, Marín, Poio, Vila de Cruces, Cambre, Brión, Redondela, Meis, Cotobade, Cangas e Vilamarín; ademais doutras tres casas singulares en Campañó, Pontevedra e Fisterra.
Premios
1981: Premio nacional de Urbanismo. Plan de intervención no Pazo de Oca e contorna. Dirección General de Urbanismo. MOPU. 1989: Premio Galicia de Arquitectura. 1994: Premio European urban and Regional planning. European Commission/European Council of Town Planners. Recuperación das marxes do río Arnoia, Allariz. 1997: Premio Pedrón de Ouro do Patroado Rosalía de Castro. 2000: Premio Nacional de Arquitectura Española. Estación de Autobuses de Córdoba. Premio Cidade de Pontevedra do Concello de Pontevedra. Premio Pontus Veteris do Colexio de Arquitectos de Galicia,Delegación de Pontevedra. 2002: Premio Europeo Philippe Rotthier. Cemiterio de Fisterra, A Coruña 2005: Premio Europeo Philippe Rotthier. Museo do Mar, Vigo. 2021: Premio á traxectoria profesional na XIX edición dos Premios do Colexio de Arquitectos de Galicia. 2023: Medalla de Ouro dos arquitectos españois.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:César Portela Categoría:Premio Nacional de Arquitectura de España Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1937 Categoría:Arquitectos de Galicia do século XX