Santa María de Saavedra é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o IGE en 2014 tiña 411 habitantes (208 homes e 203 mulleres), 49 menos ca en 2004 (230 mulleres e 230 homes) e 62 menos ca en 1999. Ten oito entidades de poboación.

Toponimia O topónimo Saavedra ten orixe no termo de orixe xermánica * (referido a un pazo ou casarío) xunto co adxectivo *, "vella". O xentilicio, de orixe castelanizante, é saavedreño. Patrimonio A igrexa parroquial de Santa María consérvase unha lápida funeraria do século XVI cos escudos nobiliarios dos Montenegro, Parga e Gaioso e mención a Roi González de Ribadeneira Sabedra e a súa esposa dona Violante de Losada. Hai unha imaxe da Virxe dos Milagres, polo cal tamén se coñece como Santuario da Virxe dos Milagres e celébrase romaría o 24 de maio.

Lugares e parroquias Lugares de Saavedra

Parroquias de Begonte

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Begonte

Categoría:Parroquias de Begonte Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María