A Torre de control marítimo da Coruña é unha torre de control de tráfico marítimo na cidade da Coruña, situada sobre o dique de abrigo do porto da Coruña. Entrou oficialmente en funcionamento o 2 de maio de 1995, tras varios anos de construción e cun custo estimado de entre 700 e 1000 millóns de pesetas (entre 4 e 6 millóns de euros).

O edificio ten unha altura de 80 metros, con 12 pisos de altura, albergando a Capitanía Marítima da Coruña e o centro de coordinación de salvamento. Construíuse por medio dun proxecto para o control do tráfico marítimo na zona deseñado tralo naufraxio do petroleiro Mar Exeo en decembro de 1992. As dúas columnas da súa edificación construíronse mediante un sistema de encofrado deslizante, precisando un traballo ininterrompido durante 24 días. No ano 2010 levouse a cabo unha restauración do edificio para paliar os danos sufridos a causa das condicións atmosféricas cun custo de 1,4 millóns de euros.

Galería de imaxes

Notas

Referencias

Categoría:Arquitectura civil na Coruña Categoría:Transporte na Coruña