Os licénidos (Lycaenidae) é a segunda familia máis numerosa de bolboretas despois dos ninfálidos, cunhas 6.000 especies de todo o mundo,Naomi E. Pierce, Michae, F. Braby, Alan Heath, David J. Lohman, John Mathew, Douglas B. Rand, Mark A. THE ECOLOGY AND EVOLUTION OF ANT ASSOCIATION IN THE LYCAENIDAE (LEPIDOPTERA) 47(1):259-267 que constitúen arredor do 30% de todas as especies de bolboretas coñecidas.

A familia está dividida tradicionalmente nas subfamilias Polyommatinae, Lycaeninae, Theclinae e Miletinae; outros autores inclúen as Lipteninae, Liphyrinae, Curetinae e Poritiinae, e algunhas autoridades tamén inclúen a familia Riodinidae como subfamilia dentro de Lycaenidae.

Os adultos son pequenos, de menos de 5 cm normalmente, e de rechamantes cores, ás veces con brillo metálico.

As larvas están a miúdo aplanadas en vez de ter forma cilíndrica, e teñen glándulas que producen secrecións que atraen e dominan as formigas. As súas cutículas tenden a estar engrosadas. Algunhas larvas poden producir vibracións e sons que se transmiten polos substratos nos que viven. Usan estes sons para comunicarse coas formigas.Pierce NE, Braby MF, Heath A, Lohman DJ, Mathew J, Rand DB, Travassos MA. 2002. The ecology and evolution of ant association in the Lycaenidae (Lepidoptera.) Annual Review of Entomology 47: 733-771. PDF DeVries, Philip J. 1992. Singing Caterpillars, Ants and Symbiosis. Scientific American, 267:76

Os individuos adultos adoitan ter colas pilosas similares a antenas e pintas brancas e negras. Moitas especies teñen tamén unha mancha na base da cola e algunhas xíranse ao pousarse para confundir a potenciais predadores e evitar que recoñezan a verdadeira orientación da cabeza.Robbins, Robert K. 1981 The "False Head" Hypothesis: Predation and Wing Pattern Variation of Lycaenid Butterflies. American Naturalist, 118(5):770-775

Características cara superior das ás frecuentemente de cores brillantes, debido á presenza de escamas iridescentes. Cara inferior de cores crípticas, é dicir, que se confunden co medio que os rodea. 400px patas anteriores dos machos reducidas a un único segmento tarsal, sen garras tarsais. antenas cun último segmento xeralmente branco ou de cor clara. ollos frecuentemente abeirados por unha liña de escamas brancas . vea humeral (=precostal) ausente nas ás posteriores. as eirugas son curtas e semellan lesmas. Son, frecuentemente, mirmecófilas, e segregan dunhas glándulas abdominais que teñen sobre o dorso un néctar moi apreciado polas formigas. moitas teñen unha ou varias pequenas colas filamentosas na á posterior que parecen antenas. Isto sérvelles para confundir os depredadores.

Ecoloxía

miniatura|esquerda|Formiga coidando unha larva de licénido. Os licénidos son moi diversos en canto aos seus hábitos de alimentación e ademais de comeren plantas, algúns comen insectos como áfidos, cocoideos e larvas de formigas. Algúns licénidos aproveitan a súa asociación coas formigas inducindo a estas a alimentalas por regurxitación, un proceso chamado trofalaxia. Non todas as bolboretas licénidas necesitan as formigas, pero un 75% das especies asócianse con elas, unha relación chamada mirmecofilia. Estas asociacións poden ser mutualistas, parasitas ou predadoras dependendo da especie.

Nalgunhas especies as larvas da bolboreta son coidadas e protexidas polas formigas mentres están comendo a planta hóspede, e as formigas reciben delas en troco secrecións ricas en azucres, durante a vida larval e nalgunhas especies durante o estadio de pupa. Outras especies só pasan uns poucos ínstares larvais iniciais nas plantas e o resto da súa vida larval funcionan como predadores dentro dos formigueiros. Convértense en parasitas que se alimentan das regurxitacións das formigas, ou en predadores que comen as larvas das formigas. As eirugas pupan dentro de formigueiros e as formigas coidan as pupas. Antes de que emerxa o adulto da pupa as ás da bolboreta dentro do casulo pupal sepáranse del e a pupa faise prateada. A bolboreta adulta sae da pupa pasadas tres ou catro semanas, aínda dentro do formigueiro. A bolboreta debe saír fóra do formigueiro para poder estirar as ás.

Estas asociacións son posibles grazas a varias adaptacións evolutivas e entre elas están a posesión de pequenas glándulas da pel especiais nas eirugas. As eirugas de moitas especies, agás as Riodininae, teñen unha glándula no sétimo segmento abdominal que produce unha secreción doce chamada "glándula nectario dorsal" (ou "glándula de Newcomer"). Un órgano eversible chamado "órgano tentacular" está presente no oitavo segmento abdominal (terceiro segmento do tórax en Riodininae), que é cilíndrico e na parte superior ten un anel de pinchos e emite sinais químicos que se cre axudan a comunicarse coas formigas.Australian Museum factsheets Accessed 4 November 2010 on the Wayback Machine.

Subfamilias

miniatura|Apareamento de P. semiargus. miniatura|Eiruga de Eumaeus atala. miniatura|Amblypodia anita dos Theclinae. Moitos taxonomistas inclúen dentro de Lycenidae só as subfamilias Lycaeninae, Theclinae, Polyommatinae, Poritiinae, Miletinae e Curetinae.Brower, Andrew V. Z. 2008. Lycaenidae. Version 25 April 2008 (temporary). en The Tree of Life Web Project, Ackery, P. R., R. de Jong, and R. I. Vane-Wright. 1999. The butterflies: Hedyloidea, Hesperioidea, and Papilionoidea. Páxinas 264-300 in: Lepidoptera: Moths and Butterflies. 1. Evolution, Systematics, and Biogeography. Handbook of Zoology Vol. IV, Part 35. N. P. Kristensen, ed. De Gruyter, Berlin and New York.

A tribo Aphnaeini da subfamilia Theclinae, que comprende o xénero Chrysoritis, é ás veces considerada unha subfamilia separada.

Unhas poucas autoridades aínda inclúen a familia Riodinidae dentro de Lycaenidae. A antiga subfamilia monotípica Styginae representada por Styx infernalis dos Andes peruanos foi situada na subfamilia EuselasiinaeHall J.P.W. & Harvey DJ. (2002) A survey of androconial organs in the Riodinidae (Lepidoptera). Zoological Journal of the Linnean Society, 136:171-197 da familia Riodinidae.Brower, Andrew V. Z. 2007. Riodinidae Grote 1895. Metalmarks, Erycinidae Swainson 1827 (ver sección de nomenclatura). Versión do 19 de maio de 2007 en The Tree of Life Web Project,

Outras clasificacións inclúen tamén as Riodininae (por exemplo, Abisara echerius).Scoble, MJ. 1992. The Lepidoptera: Form, Function and Diversity. Oxford University Press. ISBN 0-19-854952-0

Lipteninae (afrotropical). Pode ser unha tribo de Poritiinae (Liptenini) , Sitio de Markku Savela Poritiinae (oriental e afrotropical) Liphyrinae (principalmente africanas e algunhas asiáticas). Pode considerarse unha tribo de Miletinae (Liphyrini) , Sitio de Markku Savela Algunhas especies son: Liphyra brassolis (o licénido máis grande) Miletinae (principalmente africanas ou orientais, algunhas holárticas). Probablemente todas se alimentan de áfidos ou das súas secrecións. Curetinae (oriental ou paleártica). Algunhas especies son: Curetis thetis Theclinae – (global). Con cola ou sen cola. Poden considerarse como unha tribo de licénidos (Theclini); ver o clado da dereita. Algunhas especies son: Satyrium pruni Atlides halesus Eumaeus atala Arhopala Lycaeninae (holárcticas). Algunhas especies son: Lycaena boldenarum Lycaena epixanthe Lycaena rauparaha Lycaena dispar Lycaena phlaeas Iophanus pyrrhias Polyommatinae (global). Algunhas especies seleccionadas Caleta spp. Celastrina ladon Talicada nyseus Cupido comyntas Cupido minimus Pseudozizeeria maha Euphilotes battoides allyni Euphilotes pallescens arenamontana Chilades Plebejus argus Icaricia icarioides fenderi Polyommatus icarus Polyommatus semiargus Glaucopsyche lygdamus Glaucopsyche lygdamus palosverdesensis Glaucopsyche xerces (extinta) Phengaris xiushani Maculinea arion

O xénero fósil Lithodryas é xeralmente (pero non sempre) situado aquí; Lithopsyche sitúase ás veces aquí pero ás veces nas Riodininae.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Charles A. Bridges, 1994. Catalogue of the family-group, genus-group and species-group names of the Riodinidae & Lycaenidae (Lepidoptera) of the world Urbana, Ill. :C.A. Bridges pdf Eliot, J.N.1973 The higher classification of the Lycaenidae] (Lepidoptera): a tentative arrangement. Bulletin of the British Museum (Natural History), entomology, 28: 371-505. 1973: Glassberg, Jeffrey Butterflies through Binoculars, The West (2001) Guppy, Crispin S. and Shepard, Jon H. Butterflies of British Columbia (2001) James, David G. and Nunnallee, David Life Histories of Cascadia Butterflies (2011) Pelham, Jonathan Catalogue of the Butterflies of the United States and Canada (2008) Pyle, Robert Michael The Butterflies of Cascadia (2002)

Ligazóns externas

Tree of Life Fotos de licénidos de España BugGuide.net Family Lycaenidae en Lepidoptera.pro NCBI 124406 - Lycaenidae

Encyclopedia of Life - Lycaenidade Royal Museum for Central Africa Imaxes de Lycaenidae Butterflies and Moths of North America Butterflies of America

Categoría:Lepidópteros