Félix Couchoro, nado en Ouidah (actual Benín) o 30 de xaneiro de 1900 e finado en Lomé en 1968, foi un escritor togolés.

Traxectoria Estudou nunha misión católica e exerceu como profesor dunha escola católica. En 1929 publicou L'Esclave na revista La dépêche africaine de París, a segunda novela publicada en francés por un africano.

De volta a África editou o xornal L'éveil Togo-Dahoméen ata 1935, crítico coa administración colonial en 1941 trasladouse a Togo e formou parte do Comité da Unidade Togolesa, formación nacionalista. En 1954 ten que se instalar en Ghana, regresou logo da vitoria nacionalista en 1960, e traballou para o Servizo Nacional de Información e publicou novelas por entregas no xornal Togo Presse

Obra L'Esclave, 1929 Amour de féticheuse, 1941 Drama d'amour à Anecho, 1950 L'héritage cette peste, 1963

Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores de Togo Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1968 Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados en Benín