Everest refírese normalmente ao monte Everest, a montaña máis alta sobre o nivel do mar, situada no Himalaia, pero tamén pode referirse a:

George Everest (1790-1866), xeógrafo e topógrafo galés, que deu nome ao Monte Everest. O Campo Base do Everest, dous campos bases, cada un en lados opostos do Monte Everest. A Editorial Everest, leonesa, con máis de 50 anos de historia, extinta en 2015. Club Deportivo Everest, equipo de fútbol de Guayaquil. Everest, filme de 2015 que narra a traxedia ocorrida en 1996 na que oito persoas finaron nun ascenso.