Margot Elise Robbie, nada en Dalby, Queensland o 2 de xullo de 1990, é unha actriz australiana de cinema e televisión. Robbie comezou a súa carreira en filmes independentes australianos a finais da década do 2000. Posteriormente, formaría parte da serie de televisión Veciños (2008–2011), coa que gañou dous nomeamentos ós Premios Logie.

Despois de mudarse ós Estados Unidos, Robbie protagonizou a serie de ABC Pan Am (2011–2012). No 2013, fixo o seu debut na gran pantalla no filme de Richard Curtis About Time e protagonizou o drama biográfico de Martin Scorsese The Wolf of Wall Street. No 2015, Robbie co-protagonizou a comedia romántica Focus e apareceu no drama sobre a segunda guerra mundial Suite Française. No 2016, interpretou a Jane Porter no filme de acción e aventuras A lenda de Tarzán e a Harley Quinn no filme de superheroes Escuadrón Suicida.

Filmografía Cine Ano Título Papel Director Notas 2008 Vigilante Cassandra Aash Aaron 2009 I.C.U. Tristan Waters Aash Aaron Tamén produtora asociada 2013 About Time Charlotte Richard Curtis 2013 The Wolf of Wall Street Naomi Lapaglia Martin Scorsese 2015 Z for Zachariah Ann Burden Craig Zobel 2015 Focus Jess Barrett Glenn Ficarra & John Requa 2015 Suite Française Celine Saul Dibb 2015 The Big Short Ela mesma Adam McKay Cameo 2016 Whiskey Tango Foxtrot Tanya Vanderpoel Glenn Ficarra & John Requa 2016 A lenda de Tarzán Jane Porter David Yates 2016 Escuadrón Suicida Harleen Quinzel / Harley Quinn David Ayer 2017 Terminal Annie Vaughn Stein Tamén produtora 2017 Untitled A. A. Milne project Daphne de Sélincourt Simon Curtis 2018 Larrikins Tim Minchin & Chris Miller Voz 2018 Peter Rabbit Will Gluck Voz 2018 Eu, Tonya Tonya Harding Craig Gillespie

Televisión Ano Título Papel Notas 2008 Review with Myles Barlow Kelly Episodio #1.1 2008 The Elephant Princess Butterfly (sen acreditar) Episodios: "The Butterfly Effect" e "Butterfly Kiss" 2008 City Homicide Caitlin Brentford Episodio: "Somersaulting Dogs" 2008–11 Veciños Donna Freedman Personaxe regular 2011–12 Pan Am Laura Cameron 14 episodios 2015 Top Gear Ela mesma Episodio #22.4 2015 Neighbours 30th: The Stars Reunite Ela mesma Documental 2016 Saturday Night Live Host Episodio: "Margot Robbie/The Weeknd"

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Actores de cinema de Australia Categoría:Actores de televisión de Australia Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Queensland