Magdalena é un dos 32 departamentos de Colombia. Foi un dos orixinais nove estados que conformaron os Estados Unidos de Colombia. Está ó norte do país, na rexión Caribe colombiana. A capital do departamento é Santa Marta. O departamento toma o nome do río Magdalena. Polo norte limita co mar Caribe, polo sur co departamento de Bolívar, polo leste cos departamentos de Cesar e La Guajira, e polo oeste cos departamentos de Atlántico e Bolívar. O seu territorio abrangue unha superficie de 23 188 km².
Demografía
Composición étnica Mestizos e brancos (90,46%) Afrocolombianos (8,46%) Indíxenas (1,07%)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Magdalena, Colombia Categoría:Departamentos de Colombia