Broforce é un videoxogo de plataformas de desprazamento horizontal desenvolvido por Free Lives e publicado por Devolver Digital. O desenvolvemento comezou en abril de 2012 como parte dunha entrada para unha sesión improvisada de creación de videoxogos que continuou posteriormente polo apoio que recibiu, publicado como un xogo en Early Access. Publicouse o 15 de outubro de 2015 para Microsoft Windows e macOS, cunha adaptación para Linux dous días despois. O 1 de marzo de 2016 publicouse unha versión do xogo para a consola PlayStation 4.
Mecánica de xogo O personaxe do xogador é un bro, un heroe de acción hipermasculino que loita contra terroristas e rescata ós seus compañeiros bros e a prisioneiros de guerra por varios niveis do xogo, que teñen ambiente destrutibles. Os niveis finalizan cando o xogador derrota ó xefe do mesmo, izando unha bandeira estadounidense e marchando do nivel nun helicóptero mentres o escenario estoupa en anacos.
O xogador pode escoller entre varios personaxes inicialmente, desbloqueando máis segundo vai rescatando un número determinado de prisioneiros de guerra. Estes personaxes, baixo a dirección de "Nelson Brodela" (parodia de Nelson Mandela), son parodias de heroes de acción, incluíndo a John Rambo, John McClane de Die Hard, Chuck Norris, Mr. T, Ellen Ripley de Alien, ou Terminator entre outros. O xogador non ten control sobre o personaxe co que comeza o nivel, e cada vez que morre ou rescata a un prisioneiro cambia a outro personaxe de forma automática. Cada un dos personaxes ten ataques e movementos únicos baseados no heroe de ficción que representan.
Desenvolvemento miniatura|left|Animación dun dos niveis do xogo Free Lives enviou Rambros en abril de 2012 para a sesión de improvisación de videoxogos número 23 da Ludum Dare. Gañou o primeiro premio da mesma, recibindo comentarios positivos que levaron o equipo a continuar o proxecto. Os desenvolvedores consideraron engadir un modo de xogo cooperativo con outro personaxe adicional chamado Brommando, que se converteu no concepto principal do xogo final de rescatar os "bros" cunha "sensación de filme de acción violento".
A inspiración do xogo parte da afección do director do xogo, Evan Greenwood, polos filmes de acción dos anos 1980 e 1990, dando lugar a estética, temática e mecánicas do xogo. Greenwood cualificou a Broforce como un "retrato amoroso dos heroes de acción". En xullo de 2013 Greenwood comentou que o seu equipo quería construír unha ópera espacial con elementos do xénero roguelike, alieníxenas do estilo do Contra, e explosións entre outros elementos.
Unha demo gratuíta do xogo titulada "Brototype" foi publicada na páxina web da desenvolvedora, cunha mostra da mecánica de xogo pero sen incluír elementos da narrativa. O xogo aprobouse no sistema de Steam Greenlight o 24 de xullo de 2013, e publicouse en Early Access o 7 de abril de 2014.
En agosto de 2014, publicouse unha expansión baseada no filme The Expendables 3 chamada The Expendabros, e posteriormente pasou a ser free to play ata o 31 de decembro dese mesmo ano como promoción do filme.
Recepción
Jeeffrey Matulef, de Eurogamer, describiu o xogo como "unha homenaxe ós videoxogos retro adictiva dende o primeiro momento", destacando os ambientes destrutibles do mesmo. IGN deulle unha puntuación de 8,8 sobre 10, mentres que PC Gamer outorgoulle unha puntuación de 78%." The Escapist deulle unha valoración de catro estrelas e media sobre cinco, afirmando que "Broforce é unha parva, pero sincera carta de amor ós filmes de acción icónicos, refinado ata a perfección con ambientes ricos e inimigos creados de forma marabillosa."
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Videoxogos de 2015 Categoría:Videoxogos de Devolver Digital Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos de Linux Categoría:Videoxogos de OS X Categoría:Videoxogos de PlayStation 4 Categoría:Videoxogos de plataformas