O Aeroporto Internacional de San Francisco (IATA: SFO, ICAO: KSFO, FAA LID: SFO) é un aeroporto internacional situado a 21 quilómetros ao sur do centro de San Francisco, preto de Millbrae e San Bruno no condado de San Mateo. Ten voos punto a punto a toda Norteamérica e é unha importante porta de entrada a Europa e Asia.

SFO é o aeroporto máis grande da Área da Baía de San Francisco e do norte de California, e é o segundo máis concorrido dese estado, tras o Aeroporto Internacional dos Ánxeles. No ano 2014 foi o sétimo aeroporto máis concorrido dos Estados Unidos e o 21 a nivel mundial en número de pasaxeiros. É o quinto centro de conexións máis grande dos Estados Unidos para United Airlines e opera como a súa principal porta de entrada transpacífica. É tamén a principal base de operacións para Virgin America. Ten o único centro de mantemento de United Airlines e alberga o museo e biblioteca Louis A. Turpen Aviation.

SFO é propiedade da cidade e o condado de San Francisco, pero atópase no condado de San Mateo. Entre 1999 e 2004 a Comisión do Aeroporto de San Francisco operou a compañía propiedade da cidade SFO Enterprises, Inc., para supervisar as súas compras e operacións.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Carga

Notas

San Francisco