O mar de Salomón é un mar aberto localizado no suroeste do océano Pacífico, delimitado pola costa suroriental da illa de Nova Guinea, ao oeste; polas illas do arquipélago Bismarck, ao norte; polas Illas Salomón, das que recibe o seu nome, ao leste; e polo arquipélago das Luisiadas, na prolongación da punta do sueste de Nova Guinea, ao sur, por onde se abre ao mar do Coral. Comunica ao noroeste e ao norte, a ambos os dous lados da illa de Nova Bretaña, co mar de Bismarck.
Comprende unha superficie próxima ao 720.000 km². Trátase dun mar profundo, destacando a fosa de Nova Bretaña no norte, cunha profundidade máxima de 9.140 metros, a depresión das Salomón no centro e a fosa de San Cristóbal no sueste.
A principal cidade que bañan as súas augas é a cidade de Honiara, capital das Illas Salomón, situada na illa de Guadalcanal.
Nas súas augas disputáronse numerosas batallas da guerra do Pacífico pertencentes á segunda guerra mundial. Delimitación segundo a IHO A máxima autoridade internacional en materia de delimitación de mares, a Organización Hidrográfica Internacional («International Hydrographic Organization, IHO), considera o mar de Salomón como un mar. Na súa publicación de referencia mundial, Limits of oceans and seas (Límites de océanos e mares, 3ª edición de 1953), asígnalle o número de identificación 65 e defíneo da forma seguinte:
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Estreito de Nova Xeorxia
Categoría:Mares do Océano Pacífico Categoría:Xeografía de Oceanía