Domingo Pérez de Granada é un concello español da provincia de Granada. Pertence á comarca de Los Montes. Limita cos concellos de Dehesas Viejas, Campotéjar, Montejícar, Guadahortuna, Píñar e Iznalloz.

O concello creouse o 17 de marzo de 2015 por segregación do concello de Iznalloz, converténdose no número 172 da provincia de Granada. Dende 2003 xa tiña certa autonomía en réxime de entidade local autónoma.

Demografía Segundo o INE, no ano 2024 tiña unha poboación de 824 habitantes, repartidos nas entidades de Domingo Pérez de Granada, Cotílfar e Cañatabla.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web do concello

Categoría:Concellos da provincia de Granada