Jenaro Carrera, coñecido como Patolas, foi un agrarista e xornalista galego.

Traxectoria Fabricante de chocolates en Tui. Foi o primeiro director do periódico La Tetera en outubro de 1913. Foi procalamdo concelleiro de Tui en xaneiro de 1922 como agrario.El Orzán, 31-1-1922, p. 1. Dirixiu Vida Agraria. Foi detido con motivo da folga dos agrarios de Tui en novembro de 1922.Galicia, 19-11-1922, p. 1. Foi elixido presidente da Federación Agraria do Partido de Tui en 1924.El Pueblo Gallego, 25-3-1924, p. 6. En 1930 foi nomeado concelleiro e foi tenente alcalde de Tui.El Pueblo Gallego, 12-4-1930, p. 10. Na Segunda República integrouse no Partido Republicano Radical.Tribuna, 2-9-1934, p. 3.

Notas

Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Concelleiros de Tui Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración