Eleonora Salvatore González-Lucas, nada en Roma (Italia) o 1 de outubro de 1975 e finada en Madrid o 23 de xaneiro de 2017,Muere Bimba Bosé a los 41 años foi unha modelo, deseñora e cantante españolaBiografía Bios starEl éxito persigue a Bimba Bosé El Universal, México máis coñecida como Bimba Bosé. O seu nome artístico significa nena en italiano.

Biografía Filla de Lucía González Bosé e o seu primeiro marido, Alessandro Salvatore, neta materna do toureiro Luis Miguel González Lucas "Dominguín" e da actriz Lucia Bosè.

Tiña seis irmáns: polo lado paterno, a Olfo Bosé, Alessandro, Francesca e Alfonso Salvatore; polo lado materno, a Jara e Lucía Tristancho. Era sobriña do cantante Miguel Bosé.

Estivo casada, dende o 3 de xuño de 2006 até comezos do ano 2013, co realizador e músico Diego Postigo con quen tivo dúas fillas: Dora e June Postigo Salvatore.

No 2014, Bimba Bosé foi operada dun cancro no peito esquerdo. En xuño de 2016 confirmou á revista Lecturas que tiña "metástase en ósos, fígado e cerebro" e que seguía en tratamento. Faleceu o 23 de xaneiro de 2017 no Hospital Universitario Ramón y Cajal de Madrid.

Notas

Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Roma Categoría:Finados en 2017 Categoría:Actores de cinema de España Categoría:Cantantes de España Categoría:Modelos femininas de España Categoría:Españois de ascendencia italiana Categoría:Finadas por cancro de mama