O tarahumara (nome nativo Rarámuri/Ralámuli ra'ícha que se traduce como "lingua da xente") é unha lingua indíxena mexicana da familia uto-azteca. É falado por uns 85 000 membros do pobo tarahumara (Rarámuri/Ralámuli), que habitan no estado de Chihuahua, segundo unha estimación do goberno de México. O tarahumara está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Linguas de México Bibliografía Gorney, Cynthia. 2008. Tarahumara People . National Geographic, novembro de 2008. Hilton, Kenneth Simon. Diccionario Tarahumara. Tucson, AZ: Instituto Lingüístico de Verano, 1993. Zamarrón, Jose Luis e Hill, Jane H. Avances y balances de lenguas yutoaztecas. Córdoba: Colección Científica, 2001.
Categoría:Linguas uto-aztecas Categoría:Linguas de México Categoría:Linguas aglutinantes