Kaley Christine Cuoco, nada en Camarillo o 30 de novembro de 1985, é unha actriz estadounidense. É coñecida por interpretar a Bridget Hennessy na serie da ABC 8 Simple Rules (2002–2005), a Billie Jenkins na derradeira tempada de Charmed (2005–2006) e a Penny na comedia da CBS The Big Bang Theory (2007–presente) polo cal gañou un premio Satellite no 2012. Cuoco tamén apareceu en filmes como To Be Fat like Me (2007), Hop (2011) e Authors Anonymous (2014). En outubro de 2014, Cuoco foi premiada cunha estrela no Paseo da Fama de Hollywood.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Ventura, California Categoría:Nados en 1985