O Parque Nacional de Cabañeros é un parque nacional de España, situado entre as provincias de Cidade Real e Toledo, en Castela-A Mancha. O territorio conta tamén con outras figuras de protección no marco da Rede Natura 2000: é unha zona de especial protección para as aves (ZEPA) e un lugar de importancia comunitaria (LIC).
Constituíuse como parque nacional o 20 de novembro de 1995, sendo o segundo de Castela-A Mancha despois do das Tablas de Daimiel. En 1988 xa fora declarado parque natural polo Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha.
O parque alberga unha das mellores representacións españolas de bosque mediterráneo, tanto polo seu elevado grao de conservación, como pola representatividade dos distintos sistemas ecolóxicos asociados. Entre os seus principais valores naturais están os bosques e matogueiras mediterráneos, algúns enclaves relícticos de vexetación atlántica, bosques de ribeira, turberas e herbais, coa flora e fauna asociada a cada uns destes ecosistemas, entre as que se atopan algunhas especies en perigo de extinción como a aguia imperial.
Debe o seu nome ás chozas utilizadas tradicionalmente por pastores e carboeiros como refuxio temporal dos seus labores no campo. Estas cabanas de forma cónica teitábanse utilizando vexetación da contorna e eran usadas polos poboadores dos Montes de Toledo.
Véxase tamén
Ligazóns externas Web oficial do Parque Nacional do Ministerio de Medio Ambiente
Cabañeros Cabañeros Categoría:Xeografía de Castela-A Mancha Categoría:Áreas protexidas establecidas en 1995